sábado, 22 de diciembre de 2012

BO NADAL

Despedimos o trimestre cunha tremenda festa. Contentos e  felices polos bos resultados obtidos en xeral. Agora con estes días de descanso reporemos forzas para facer un segundo trimestre superior a este.

FELICES FESTAS E MELLOR ANO PARA TODOS ! 
ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO



sábado, 15 de diciembre de 2012

ALVEDRO 12/12/12


ALVEDRO
 



Era o día 12 do mes 12 do ano 12 do terceiro milenio. Estabamos nerviosos.Saímos das aulas os dous cursos de quinto. O autobús que non chegaba. A nosa ansiedade medraba. Por fin, e despois dunha espera que nos pareceu enorme, o autocar chegou. Subimos todos contentos.
No aeroporto recibíronos dúas persoas moi amables. Dividímonos en dous grupos, un cos alumnos de quinto A e outro cos alumnos de quinto B. Iniciamos a experiencia nun taller que tiña maquetas de avións. Albert chamábase o técnico que nos atendeu. Presentáronos un vídeo  no que nos informaban do concienciados que estaban no aeroporto co medio ambiente e as medidas precisas para coidalo.
Unha das medidas consiste en cambiar o modo de aterraxe dos avións. Actualmente están aterrando na forma que eles chaman “escalonada” coma quen baixa os chanzos dunha escaleira. O avión baixa, mantense horizontal un tempo, volve a baixar,mantense horizontal,… ata que aterra. Isto consume moito combustible e contamina. Agora están a experimentar coa aterraxe ecolóxica. O avión comeza a descender desde máis lonxe e planea consumindo menos combustible. Como tamén os motores traballan con menos potencia a contaminación atmosférica e acústica é menor.
Construímos con pezas unhas maquetas de avións  que conectadas a un ordenador e un programa informático eran uns modelos nos que podiamos coñecer o ruído que facían na aterraxe. Comprobamos que a aterraxe ecolóxica facía menos da metade de ruído que a aterraxe escalonada.
Realmente pasámolo moi ben. Pedíronos que pensaramos que podían facer para contaminar menos. Pensamos que se podían usar placas solares para producir electricidade, que tamén podían levar os avións, facendo un menor consumo de combustible.
Despois acompañounos unha rapaza moi simpática que nos amosou o aeroporto: a sa de facturación, o control de pasaxeiros e un paseo polo exterior.
Que ben o pasamos no “escáner”! A algún, e tamén algunha, pitoulles a porta de control de pasaxeiros. Vimos os diferentes contedores de obxectos que non se poden subir a un avión. Non se pode por medidas de seguridade segundo nos comentou a monitora.
Non puidemos ver o helicóptero de salvamento porque estaba de servizo.
Moitos pensamos que esta saída foi a mellor deste trimestre.

ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO

jueves, 13 de diciembre de 2012

ALVEDRO

"As quintas e quintos" estivemos  este pasado mércores en Alvedro. Realmente unha visita extraordinariamente interesante e sobre todo ecolóxica. É o noso aeroporto que nos conecta con outras cidades de España e algunha de Europa: Londres e Lisboa.
Aprendimos que as compañías están a facer esforzos por contaminar menos, tanto a contaminación acústica coma atmósferica por dióxido de carbono. Parécenos ben, aínda que se pode mellorar. As persoas que vivimos no Burgo sabemos moito destes trastornos.
Sabiades que moi probablemente o nome "Alvedro" proveña  da palabra ALBEDRO?
Que é un albedro? Pregunta ou busca información. Enviade comentarios.


martes, 11 de diciembre de 2012

ARTE RUPESTRE

Os homes e mulleres da prehistoria realizaban pinturas e gravados nas paredes das covas e nos abrigos das rochas, que se coñecen como ARTE RUPESTRE.
Unha das xoias desta arte son as COVAS DE ALTAMIRA. Hai case 100 pinturas realizadas con grande realismo, aproveitando as formas e volume das rochas e teito da cova. Predominan as cores vermella e ocre con bordes negros. Estas pinturas foron feitas hai 15.000 anos e representan a cabalos. touros, cervos, etc.


martes, 4 de diciembre de 2012

SETAS E COGOMELOS

Menudo exemplar
Noelia tróuxonos ao colexio unha grande e fermosa seta. Buscando na rede conseguimos atopar o seu nome  e as súas características e así sabemos, por exemplo, que é comestible. Chámase cerrote ou macrolepiota procera.




jueves, 15 de noviembre de 2012

RECEITAS DO MAGOSTO


FLAN DE CASTAÑAS (2)   

 Ingredientes: 

  •    
  • 1 bote de leite condensado     
  • 2 ovos  
  • 1 vaso de leite semidesnatado  
  • caramelo líquido
  • 100 gramos de castañas pilongas


Elaboración:


  1. Poñer as castañas pilongas (secas e peladas) en remollo o día anterior. Unha vez rebrandecidas secalas ben e facelas po coa batedora.
  2. Mesturar o leite condensado coas xemas dos ovos. Engadirlle as castañas en po e o vaso de leite e mesturalo todo moi ben. 
  3. Montamos as claras a punto de neve (que queden ben espesas) e unha vez listas incorporalas á mestura de leite, castañas e ovo con movementos envolventes.
  4. Caramelizar un molde, botar nel a mestura e fornear a baño maría a 180º durante uns 45 minutos.
  5. Deixar arrefriar e desmoldar.       

Andrea

RECEITAS DO MAGOSTO

FLAN DE CASTAÑAS  (1)     
Ingredientes: 
  • 500 gramos de castañas      
  • 6 ovos     
  •  2 culleradas de ron    
  • unhas areas de sal
  • 200 gramos de azucre
Elaboración:
  1. Cócense as castañas, pélanse e móense.
  2. Nunha cunca poñemos os ovos, o ron, o azucre e o sal e batímolo ben. Cando estea moi espumoso engadímoslle as castañas.  
  3. Nunha tixola poñemos 3 culleradas de azucre cunhas pingas de limón e poñémolo ó lume. Cando estea tostado untamos o molde do flan. 
  4. Botamos a mestura no molde e poñémolo a cocer uns 45 minutos. Cravámoslle unha agulla e se sae seca é que está cocido.
  5. Deixámolo arrefriar e metémolo na neveira ata o día seguinte.
  6. Baleirámolo nunha fonte e adornámolo cunhas castañas.       

Eva            

RECEITAS DO MAGOSTO

PUDIN DE CASTAÑAS

Ingredientes:
  • 750 g de castañas
  • 300 g de azucre
  • 100 g de manteiga
  • 6 ovos
  • 1/4 l de tona
  • 2 vasos de leite
  • azucre para bañar o molde
  • culleradas de vainilla
Elaboración:
  1. As castañas xa cocidas pásanse polo pasapurés.
  2. Ponse o puré na cazola onde se coceron as castañas, engádese o azucre e a manteiga en cachiños.
  3. Móvese coa espátula para que non se agarre.
  4. Sepárase do lume e déixase arrefriar.
  5. Lévase á neveira e sérvese frío.
Adrián             

RECEITAS DO MAGOSTO

MOUSSE DE CASTAÑAS                                          
Ingredientes:

  • 3 culleradas de leite condensado
  • 3 ovos
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 copiña de coñac
  • 1 kg de castañas
Elaboración:
  1.  Asamos as castañas no forno durante 8 minutos, pelámolas e poñémolas nun cazo con medio litro de auga e a manteiga.
  2. Deixámolas cocer durante 30 minutos e pasámolas por un pasapuré.
  3. Mesturamos o puré coas claras montadas a punto de neve.
  4. Vertemos en copas de cristal e deixámolas na neveira ata o momento de servir.
Marta 

martes, 13 de noviembre de 2012

RECEITAS DO MAGOSTO

CASTAÑAS ANISADAS

Igredientes:

  • Castañas
  • Sal
  • Anises
  • Manteiga
  • Azucre
  • Canela

Elaboración:

  1. Cócense as castañas en pouca auga que esté fervendo  cun pouquiño de sal e uns anises. Cando estean cocidas, pero non desfeitas, sácanse e pásanse por unha tixola coa manteiga.
  2. Colócanse nun cazo, bótaselles un pouco de auga, engádeselle azucre e un pouco de canela, deixándoas ata que o azucre se volva espeso.
  3. Sácanse e sérvense.
Sara


martes, 30 de octubre de 2012

O NOSO SAMAÍN

É o SAMAÍN unha festa moi antiga, perdida na  noite dos tempos. Consideran os historiadores o seu orixe na cultura celta. Os mortos tiñan o privilexio anual de compartir algo de tempo cos seus seres queridos.
En Galicia os nenos e nenas valeiraban as cabazas e nabos e poñían dentro unha fonte de luz. No noso colexio cando chegamos a estas datas celebramos unha exposición de cabazas.

miércoles, 17 de octubre de 2012

INICIAMOS UNHA NOVA EXPERIENCIA

    Comezamos un novo curso e este blog estará a disposición de todos os alumnos e alumnas de quinto.
    Estamos orgullosos de que este novo ano que iniciamos esté adicado á persoa que cedeu o seu nome para o colexio ISAAC DÍAZ PARDO.
    Foi un home polifacético, adicouse a moitas actividades, salientando en todas elas polo seu grande talento.

miércoles, 27 de junio de 2012

QUE OS VENTOS VOS SEXAN PROPICIOS

Cando ao nacermos iniciamos a  navegación da vida, a esperanza dunha tranquila singladura é a emoción que sobresae por enriba das demais. As dúbidas abordarannos máis adiante.
Non temades!

 Si ata agora os ventos mareiros foron favorabeis, non teñen porque non selo no futuro. É cuestión de orientar as velas aos ventos axeitados e afastalas daqueles outros que nos podan perxudicar. Aquí, e non noutro aspecto da navegación, está o SEGREDO do éxito.
Eu, como vello lobo marino, estou no certo que a tripulación embarcada dende estas aulas está máis que preparada, e fará frente a todas as vicisitudes que a navegación lle depare.

BOA SORTE AMIGOS !!
Alberto


viernes, 1 de junio de 2012

CHOQUE DE GALAXIAS

Composición do choque feita pola NASA



A Vía Láctea, o conxunto de miles de millóns de estrelas ao que pertence o noso Sol, acabará chocando  coa galaxia Andrómeda, agora situada a 2.5 millóns de anos luz.
A esta conclusión chegaron uns científicos que mediron a velocidade das galaxias grazas ao telescopio espacial Hubble.
Pero tranquilidade porque isto non ocurrirá ata dentro de 4.000.000.000 de anos.

sábado, 26 de mayo de 2012

POLINIZACIÓN

A vida ao ritmo no que viven algunhas especies. Curiosísimo. Extraordinarias imaxes.

martes, 22 de mayo de 2012

A VELOCIDADE DA LUZ E AS DISTANCIAS

Este vídeo científico móstranos a dificultade de comprender a magnitude do universo. Incluso o máis próximo.
Tén límites o universo?
A unidade de medida destas enormes distancias vennos dada pola velocidade da luz. Observade o vídeo sobre todo nos primeiros catro minutos.
Cal é a distancia entre a Terra e a Lúa?.
Entre a Terra e o Sol?
Aquí temos as respostas.


lunes, 7 de mayo de 2012

A ELECTRICIDADE

Que fariamos na actualidade sin este grande descobremento?
Non TV, non Play, non  DVD, non MP3, NON......
Descobre o que é un xerador, un motor eléctrico, ...

viernes, 4 de mayo de 2012

AS PANCAS

A historia das pancas vén de moi lonxe. Os primeiros homínidos xa as empregaban. Como todas as máquinas o seu obxectivo é facilitar o traballo e facelo máis doado. Neste simpático vídeo podemos ver unha das posibles "utilidades".
Hai un gran erro nestes debuxos. Cal é?


martes, 24 de abril de 2012

AS NEURONAS

Son as células nerviosas. Temos moitisimas e o máis importante son as conexiones entre unhas e outras. O que se chama sinápse.


domingo, 22 de abril de 2012

LIBRES E IGUAIS. DEREITOS UNIVERSAIS.

Nacemos libres e iguais cos mesmos dereitos. Debemos loitar cos nosos medios para que este gran principio de amor e solidariedade sexa unha realidade en todas as partes do mundo.

viernes, 20 de abril de 2012

DEREITOS DOS NENOS E NENAS

No ano 1.948 as NACIÓNS UNIDAS aprobaron a DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.
Evidentemente estaban incluídos os dereitos de todas as criaturas humanas, nenos e nenas tamén.  Mais concluiuse  que as especiais circunstancias da infancia facían imprescindible que nenos e nenas tivesen recoñecidos uns dereitos propios.
O ano 1.975 foi declarado o ANO INTERNACIONAL DO NENO e no ano 1.989 firmouse a CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO.
Nestas animacións de diversos autores podemos ver os dereitos. Pódevos valer para o traballo a presentar.


martes, 17 de abril de 2012

MOITA CALMA

O sistema nervioso é a sa de control do noso corpo. Non hai nada que se lle escape. Todo está controlado. Pero precisa da nosa axuda. CALMA, pensar antes de facer ou dicir. Con tranquilidade é como mellor funciona.

CALMA, MOITA CALMA


lunes, 9 de abril de 2012

ÚLTIMOS METROS

Prégase non molestar.
Estamos traballando.
Son os derradeiros esforzos.
O premio está próximo.

Cantas e cantas frases feitas. A realidade é teimosa. Certamente quédanos un trimestre para rematar o curso. Nada e ninguén debe distraer a nosa andadura cara ao obxectivo marcado:  SUPERAR O CURSO.

Ánimo, o esforzo é importante pero o premio meréceo.

viernes, 23 de marzo de 2012

APARELLO LOCOMOTOR

Para que o noso aparello locomotor funcione precisa de dous sistemas cooperantes: os ósos e os músculos.




miércoles, 21 de marzo de 2012

SANTIAGO

A capital de Galicia merece unha visión tan extraordianaria como a que nos presenta este vídeo.

jueves, 15 de marzo de 2012

SISTEMA CIRCULATORIO




Para estarmos seguros de que comprendimos o tema debemos ser quen de ter resposta as seguintes preguntas:

PARA QUE SERVE?
QUE PARTES TEN?
COMO FUNCIONA?

martes, 13 de marzo de 2012

A CORUÑA

Mirade ben este vídeo.
Que vos parece?

O SISTEMA RESPIRATORIO

O sistema respiratoro ten dúas funcións:
      1.-Tomar o Osíxeno procedente do exterior.
      2.-Desprender os restos tóxicos: Dióxido de Carbono.
Fixémonos ben onde, e como, se intercambian os gases.

sábado, 10 de marzo de 2012

EU QUERO UNHA CASA ASÍ

Entretida, divertida, cultural e sobre todo ecolóxica, foi a nosa visita ao PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO. Como non podía ser doutro xeito o nome do Parque correspóndese coa dirección dun vento.
A unha porcentaxe altísima de alumnos, superior ao  80%, o que máis lle gostou foi a casa bioclimática. Pola súa forma de aforrar enerxía e polo automatizada que estaba grazas á domótica.

TODOS QUEREMOS UNHA CASA ASÍ!


jueves, 8 de marzo de 2012

OS ALIMENTOS

Lembramos que non é o mesmo alimento que nutriente.
Para obter os nutrientes é preciso un proceso no noso organismo: A dixestión.
Tiñamos unha pregunta no ar.
Cal é a porcentaxe de auga nos alimentos?
No pan e nos cereais aproximadamente un 8/10%
Nas carnes máis dun 50%, nos pescados ata o 75%
Nos queixos 50% e máis.
Nas froitas e verduras un 80%. A sandía o 90%.
Vedes o uso das porcentaxes?

lunes, 5 de marzo de 2012

O APARATO DIXESTIVO

Na área de Coñecemento do Medio estamos a ver a alimentación e a nutrición nos seres humanos. Este didáctico vídeo amósanos as partes e funcionamento do aparato dixestivo.



domingo, 4 de marzo de 2012

UN SORRISO

Un balón entra na portería:
GOOOOOOOOOOOOOOOOL!
Un balón penetra na cesto:
CANAAAAAAAAAAAASSSSSSTA!
Un balón pode ter moitas funcións,
utilidades,
versións,
matices,...
Normalmente os balóns teñen un bon sentido do ritmo,
tamén teñen un bon oído musical.

TÉÑENO TODO!!!!!!!!!





martes, 28 de febrero de 2012

A TORRE EIFFEL

Con motivo da revolución industrial produciuse un incremento do uso do ferro e o auxe da siderurxia.
Este ferro utilizouse no transporte e na construcción fundamentalmente.
Unha das xoias constructivas máis recoñecidas é sen dúbida a TORRE EIFFEL.

lunes, 27 de febrero de 2012

GOYA

É este un vídeo un pouco longo, pero moi ilustrativo da obra e vida do pintor. Dos cambios que se producen na súa vida e a xustificación de moitas das súas pinturas.

viernes, 17 de febrero de 2012

ADEUS, ENTROIDIÑO, ADEUS.


O entroido rematou.
Era un meco mandaricas, pero non tiña malicia.
Facíao para que nos divertísemos.
E abofé que o conseguíu.
Agardarémolo, impacientes, pero sabedores de que voltará.
El tamén nos ten cariño.

miércoles, 15 de febrero de 2012

TERCEIRO MANDATO
















Como Meco supremo vos digo:
rebuscade no voso desván
roupa vella de inverno ou verán
e poñédea para semellar un mendigo.

martes, 14 de febrero de 2012

MANDATOS DO MECO

Este meco fachendoso e burgués
proponnos enérxica e amablemente
que poñamos en cada un dos pés
un zapato coa cor diferente

lunes, 13 de febrero de 2012

O MECO MANDARÍN

Fachendoso, como ves,
e un chisco irreverente
prégolle a toda esta xente
vista unha prenda ao revés

E se ti non o acatares
sendo asunto capital
comprenderás, i é normal,
non cates os meus manxares

viernes, 10 de febrero de 2012

O ENTROIDO ANDRÉS


 
ESTE ANO AO ENTROIDO

POÑERÉMOLO MOI GUAPO

CON CAMISA,  PANTALÓN

E ALGÚN QUE OUTRO FARRAPO


domingo, 5 de febrero de 2012

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

No século XVIII ten lugar un acontecemento que cambiará a estructura económica e social do mundo. O perfeccionamento da máquina de vapor e a súa aplicación á industria. O nacemento dunhas novas clases sociais: a burguesía capitalista e a clase obreira.
Con este sinxelo vídeo podemos comprender desde os precedentes ata o auxe da revolución que se inicia en Inglaterra e que pouco a pouco se vai ir extendendo.
Observade a importancia do comercio, das comunicacións marítimas e das materias primas que se traían das colonias que os países europeos tiñan e Asia, América e Africa.
Estes cambios económicos tamén traerán outro gran acontecemento social e político: a Revolución Francesa e a abolición das monarquías absolutas, a separación dos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), o nacemento das constitucións.

lunes, 30 de enero de 2012

A PAZ

A PAZ É O CAMIÑO
                                           Gandhi


E os seus alicerces son


O AMOR
A TOLERANCIA
O CARIÑO
Aula de 6º A





QUE A PAZ INMENSA
ASOLAGUE O UNIVERSO INFINITO

jueves, 26 de enero de 2012

viernes, 20 de enero de 2012

AS MENINAS

Un dos cadros mais famosos da historia da pintura universal. Un dos aspectos máis relevantes desta pintura é que escenifica o ambiente no que o artista está a traballar. Está na Corte, rodeado dos Reis, parte da súa familia e de cortesáns. A pintura é minuciosa, con todos os detalles.
Estamos no SÉCULO DE OURO.


A VIDA NO SÉCULO DE OURO ESPAÑOL

A vida da xente do pobo no século de ouro non era doada. A clase privilexiada vivía ben, pero os demáis,... Era outra cousa!
Neste vídeo podemos ver a vida nas cidades, que sempre era mellor que a vida no campo.



martes, 17 de enero de 2012

OS AUSTRIAS

Aos Reis Católicos sucedeunos no poder o seu neto CARLOS I. Comeza así a dinastía dos Austrias. Neste vídeo podemos ver os acontecementos que se produciron durante o seu reinado.

 

jueves, 12 de enero de 2012

HISTORIA E MATEMÁTICAS

Estamos a estudiar a civilización MAIA, unha das máis avanzadas culturas precolombinas, sobre todo en matemáticas e astronomía.
Mirade este vídeo onde se mostra a forma gráfica da multiplicación.


As cifras represéntanse por liñas. Temos que contar os puntos de cruce.

CURIOSO

miércoles, 11 de enero de 2012

MIGUEL ANXO

Cando Cristóbal Colón iniciaba as súas viaxes ao novo mundo un dos grandes xenios da arte comezaba unha das máis impresionantes carreiras artísticas da historia: MIGUEL ANXO.
Cultivou moitas especialidades artísticas: pintura, arquitectura,... pero a que máis lle gostaba era a escultura.
Neste vídeo podemos seguir os pasos que deu nesta arte.
Lembrade a importancia das proporcións e da Natureza nas obras artísticas do  Renacemento.


domingo, 8 de enero de 2012

UN SEMESTRE



Un semestre. É o que falta para rematar o noso itinerario primario.
Como diciamos hai uns días os ventos son favorabeis.
Aproveitémolos.
Con forzas renovadas, dispostos a encher as nosas "bodegas" de coñecementos. Este é o noso ánimo para acadar o obxectivo proposto.