sábado, 10 de marzo de 2012

EU QUERO UNHA CASA ASÍ

Entretida, divertida, cultural e sobre todo ecolóxica, foi a nosa visita ao PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO. Como non podía ser doutro xeito o nome do Parque correspóndese coa dirección dun vento.
A unha porcentaxe altísima de alumnos, superior ao  80%, o que máis lle gostou foi a casa bioclimática. Pola súa forma de aforrar enerxía e polo automatizada que estaba grazas á domótica.

TODOS QUEREMOS UNHA CASA ASÍ!


1 comentario:

  1. Sería super perfecta se tivera xardin e piscina.

    Quen se apunta vir vivir alí?

    ResponderEliminar