viernes, 16 de octubre de 2015

CAPITAIS DE EUROPA

Este vídeo vos servirá de axuda para repasar os países de Europa e coñecer as súas capitais.

jueves, 21 de mayo de 2015

AS FIGURAS PLANAS

Coñeces os nomes das figuras xeométricas? Sabes cales son os seus elementos? E as súas características?

martes, 12 de mayo de 2015

domingo, 10 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde. Foi profesor, investigador, escritor e poeta.
Preme nos enlaces para coñecer  a súa vida e a súa obra.


jueves, 30 de abril de 2015

A MEDIDA DO TEMPO

Para chegar ás solucións finais dalgunhas das actividades é conveniente que teñas á man un folio e un lapis para facer as operacións que precises. 





miércoles, 22 de abril de 2015

NO TEMPO DOS ROMANOS

En que ano chegaron os romanos á Península Ibérica? 
Que pobos habitaban a Península Ibérica nesa época?
Canto durou a conquista e o dominio romanos?







martes, 14 de abril de 2015

miércoles, 8 de abril de 2015

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado 18 de marzo os alumnos e alumnas de 5º  fomos a Santiago de Compostela.
Primeiro visitamos o Parlamento de Galicia. Que ilusión poder sentarnos nos escanos que ocupan os deputados e deputadas no hemiciclo!!
 A continuación estivemos no Museo do Pobo Galego. Encantounos a triple escaleira helicoidal. 
Comimos no Gaiás e percorrimos a exposición sobre Santiago e o camiño. A montaxe era sorprendente.
Por último entramos na catedral.
Pasámolo moi ben!!
Visita a Santiago on PhotoPeach

viernes, 27 de marzo de 2015

LONXITUDE, CAPACIDADE E MASA

Agora que xa coñecemos e sabemos utilizar as unidades de medida de lonxitude, capacidade e masa é conveniente practicar ata acadar seguridade no seu manexo.


martes, 10 de marzo de 2015

A REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS

Teñen os animais reprodución sexual? A súa vida comeza a partires dun cigoto?
Ao longo desta unidade irás atopando a resposta destas preguntas e moitas máis.


  •  Desenvolvemento dun embrión dentro dun ovo.

                 


  •  A metamorfose da bolboreta.

           


  • A metamorfose da ra.




jueves, 5 de marzo de 2015

A PREHISTORIA

A Prehistoria foi o primeiro gran período da Humanidade e durou millóns de anos. Todo o que sabemos daquela época provén do estudo dos restos materiales que se conservaron ata os nosos días. Verdade que resulta sorprendente!! 
  • Para coñecer a Prehistoria e practicar.



  • As pinturas rupestres.
                                

  • Os megálitos.

lunes, 2 de marzo de 2015

OS PRONOMES PERSOAIS

Sabes identificar e analizar os pronomes persoais? 
Realiza estas actividades e axiña o conseguirás.






martes, 24 de febrero de 2015

OS DETERMINANTES

Estes enlaces achéganvos actividades en galego e castelán para practicar cos artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos.


miércoles, 11 de febrero de 2015

O ENTROIDO GALEGO

Atrévete a investigar sobre o ENTROIDO en Galicia e descubrirás os costumes e tradicións que envolven esta celebración.

  • Libro LIM  moi completo do entroido tradicional galego.



  • Brincaletras con preguntas sobre o entroido en Galicia.



viernes, 6 de febrero de 2015

IMOS APRENDER MÁIS SOBRE FRACCIÓNS

Coas seguintes actividades poderás repasar e practicar o cálculo da fracción dunha cantidade, a suma e resta de fraccións de igual denominador e o producto de fraccións.




miércoles, 4 de febrero de 2015

As fraccións

Será moi doado reforzar con estas actividades o aprendido sobre as fraccións: términos, lectura, representación, comparación, fraccións equivalentes e fraccións decimais.
 Fai clic sobre a imaxe.




viernes, 30 de enero de 2015

UNHA NENA MOI VALENTE

Malala Yousafzai é unha adolescente de 17 anos que deu exemplo ao mundo pola súa loita en defensa da educación das nenas do seu país, Paquistán, e no resto do mundo.
<< Un NENO, un MESTRE, un LAPIS e un LIBRO poden cambiar o mundo >>



jueves, 29 de enero de 2015

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Para facer sós  pombas de origami como as  da clase, seguide con atención as instruccións do seguinte vídeo. 
Por certo, quedáronnos ben chuliñas!!


             


Tamén vos deixo  actividades, xogos e unha bonita canción.



     
                                 

jueves, 15 de enero de 2015

A FOTOSÍNTESE

O proceso da fotosíntese é moi importante para comprender a vida na Terra, xa que todos os seres vivos dependemos, en maior ou menor grao, das plantas.

Déixovos tres aplicacións para comprendela mellor.