jueves, 15 de noviembre de 2012

RECEITAS DO MAGOSTO


FLAN DE CASTAÑAS (2)   

 Ingredientes: 

  •    
  • 1 bote de leite condensado     
  • 2 ovos  
  • 1 vaso de leite semidesnatado  
  • caramelo líquido
  • 100 gramos de castañas pilongas


Elaboración:


  1. Poñer as castañas pilongas (secas e peladas) en remollo o día anterior. Unha vez rebrandecidas secalas ben e facelas po coa batedora.
  2. Mesturar o leite condensado coas xemas dos ovos. Engadirlle as castañas en po e o vaso de leite e mesturalo todo moi ben. 
  3. Montamos as claras a punto de neve (que queden ben espesas) e unha vez listas incorporalas á mestura de leite, castañas e ovo con movementos envolventes.
  4. Caramelizar un molde, botar nel a mestura e fornear a baño maría a 180º durante uns 45 minutos.
  5. Deixar arrefriar e desmoldar.       

Andrea

1 comentario:

  1. Poñerémonos en faena para alimentar aos reclutas con estas saborosas receitas do outono. Grazas!

    ResponderEliminar