No século XVIII ten lugar un acontecemento que cambiará a estructura económica e social do mundo. O perfeccionamento da máquina de vapor e a súa aplicación á industria. O nacemento dunhas novas clases sociais: a burguesía capitalista e a clase obreira.
Con este sinxelo vídeo podemos comprender desde os precedentes ata o auxe da revolución que se inicia en Inglaterra e que pouco a pouco se vai ir extendendo.
Observade a importancia do comercio, das comunicacións marítimas e das materias primas que se traían das colonias que os países europeos tiñan e Asia, América e Africa.
Estes cambios económicos tamén traerán outro gran acontecemento social e político: a Revolución Francesa e a abolición das monarquías absolutas, a separación dos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), o nacemento das constitucións.

Se agora tiveramos que facer todo o traballo que facian antes estariamos mais que agotados,a parte que houbo moitos mais inventos que agora(aunque agora non ahi ningún)
ResponderEliminarO teléfono móbil. televisores de plasma, internet, ordenadores de todos os modelos...
ResponderEliminarHai inventos a diario. Miles cada día!