miércoles, 12 de noviembre de 2014

DESCUBRE A TÚA PERSONALIDADE SALVAXE

Preséntovos unha divertida ferramenta para crear e personalizar o voso propio ser imaxinario mesturando características humanas e animais. Podedes describilo e inventar con el fantásticas historias. 
O resultado será sorprendente!!!



lunes, 6 de octubre de 2014

viernes, 19 de septiembre de 2014

lunes, 30 de junio de 2014

A DESPEDIDA

Tristeiros por deixar o colexio, no que a maioría estivestes nove anos; ledos porque comezaban as esperadas e merecidas vacacións; e ilusionados e un chisco nerviosos pola nova etapa que comezaredes o vindeiro curso, ... chegou o día da despedida.
Foi moi agradable para min compartir con vós estes dous últimos anos. Recordade que hai que esforzarse cada día para ter bos resultados.
Moita sorte en todo o que emprendades!!!

FELICES VACACIÓNS!!

Alumnos e alumnas de sexto
Promoción 2005/2014


sábado, 28 de junio de 2014

SAÍDA FIN DE CURSO

Que ben o pasamos nesta saída!!!
Estivemos catro días na granxa-escola da Fervenza do Toxa, onde disfrutamos da natureza e vivimos novas experiencias.
Como xa tedes as fotos, só vos deixo unha mostra dalgunhas das actividades que fixemos.


domingo, 1 de junio de 2014

VISITA A SOTAVENTO

O 28 de maio visitamos o parque experimental de Sotavento, situado na "Serra da Loba", entre os municipios de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
Coñecimos as partes dun aeroxerador e aprendimos medidas sinxelas coas que podemos aforrar enerxía nas nosas casas.
Encantounos a casa bioclimática. Todos queriamos ter unha igual!!


O SISTEMA NERVIOSO

O noso cerbro é simplemente impresionante. Grazas a el e ao traballo desas "recadeiras" incansables, as neuronas, o funcionamento do sistema nervioso parece doado.

jueves, 29 de mayo de 2014

COMPETENCIA LECTORA

Preséntovos dous estupendos proxectos que pretenden facer lectores capaces de enfrontarse a todos os textos, é dicir, lectores que comprendan todo o que lean.
Entra facendo clic nas imaxes e elixe o que che interese. ¡Tes moitas actividades para mellorar a lectura!






miércoles, 7 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Aquí vos deixo uns interesantes enlaces con información e entretidas actividades sobre Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.





OS ÓSOS E OS MÚSCULOS

Sabías que o corpo humano ten 206 ósos e aproximadamente 650 músculos?
Cal é o óso máis longo do corpo? E o máis curto?
Que músculo ten un nome coa palabra máis longa?
Investiga!!




lunes, 5 de mayo de 2014

martes, 29 de abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Un libro ensina, informa, acompaña, entretén, faite rir, tremer, soñar, viaxar...
Calquera día, calquera momento, é bo para perderse entre as súas páxinas.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!


jueves, 3 de abril de 2014

LÍO DE PALABRAS

Desde este enlace podedes repasar as clases de palalabras. Tedes  definicións, formas, exemplos e actividades. Espero que vos axude.









martes, 11 de marzo de 2014

PIRIMPIMPÍN



Pirimpimpín,  pimpín, pimpín,
o  Entroido xa chegou,           
o Entroido xa está aquí.


Saúdos nenos e nenas              
benvidos profes e pais
a cantar e a bailar            (bis)
outro ano, unha vez máis.

Imos todos disfrazados
de personaxes de contos
se queres saber quen son   (bis)
agora mesmo cho conto.

Xuntos  armando balbordo
chegan os de infantil
dálmatas son cento un   (bis)
aínda que parecen mil.

Os de primeiro serán
os ratiños de Hamelín
seguirán ao seu frautista    (bis)
irán onde el queira ir.

Os ananos de segundo
son moi traballadores
coidarán de Brancaneves   (bis)
e farán moitas labores.
 
Alicia e os de terceiro
nunca poden chegar tarde
van de présa os coellos      (bis)
e detrás veñen as cartas.

Os de cuarto sempre ledos
vestirán dos tres porquiños
casas de madeira e palla    (bis)
e o ladrillo nunca falla.

Aí veñen os de quinto
que non son catro nin cinco
son os corenta ladróns  (bis)
e un xefe  moi mandón   

Os de sexto viaxarán
ao país de Oz encantado
Dorothy,  home de lata,   (bis)
o león e o espantallo.

Os profes especialistas
non paran de navegar
disfrazados de piratas    (bis)                                   
para un tesouro atopar.                                            

Estaremos todos guapos                                  Alumnos/as de 6ºA e 6ºB      
lucindo as mellores galas
traballiño nos custou          (bis)                         Música: O pirimpimpín MALVELA
pensalas e fabricalas.

martes, 4 de febrero de 2014

O SÉCULO DE OURO

Durante o século XVII a literatura e a arte brillan con luz propia. A abundancia e calidade das obras artísticas e literarias fixeron que este periodo se coñecera como o Século de Ouro español.
A mellor obra literaria é a novela "Don Quijote" de Cervantes.
O pintor máis destacado foi  Velázquez con cadros tan importantes como "As meninas" e "A rendición de Breda".




jueves, 30 de enero de 2014

A PAZ

O 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, celébrase nas escolas de todo o mundo o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
O lema deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz"
O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra.


lunes, 20 de enero de 2014

APRENDER A ESTUDAR

Neste enlace terás ampla información sobre o estudo: consellos, técnicas de estudo, como facer esquemas, resumos, etc.


martes, 14 de enero de 2014

CRISTOVO COLÓN

No ano 1492 Cristovo Colón descubriu América. Esta data marca o inicio da Idade Moderna.
Preme na imaxe para saber máis sobre Colón.