FLAN DE CASTAÑAS (2)   
- 1 bote de leite condensado
 - 2 ovos
 - 1 vaso de leite semidesnatado
 - caramelo líquido
 - 100 gramos de castañas pilongas
 
Elaboración:
- Poñer as castañas pilongas (secas e peladas) en remollo o día anterior. Unha vez rebrandecidas secalas ben e facelas po coa batedora.
 - Mesturar o leite condensado coas xemas dos ovos. Engadirlle as castañas en po e o vaso de leite e mesturalo todo moi ben.
 - Montamos as claras a punto de neve (que queden ben espesas) e unha vez listas incorporalas á mestura de leite, castañas e ovo con movementos envolventes.
 - Caramelizar un molde, botar nel a mestura e fornear a baño maría a 180º durante uns 45 minutos.
 - Deixar arrefriar e desmoldar.
 
Andrea
Poñerémonos en faena para alimentar aos reclutas con estas saborosas receitas do outono. Grazas!
ResponderEliminar