O coral ese escondido animal. Creador dun ecosistema rico en vida en todas as súas variedades. Podemos ver algúns animais residentes e outros visitantes. Unha marabilla da Natureza.
Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas
martes, 7 de mayo de 2013
viernes, 1 de marzo de 2013
MIMETISMO
Na Natureza os animais tentan facer crer aos demais que son: grandes, perigosos, ... mostrándose como os verdadeiros donos do entorno. Unha variedade dun molusco, moi aprezado polos galegos, é un auténtico xenio da recreación. Podemos observar como domina as artes escénicas neste vídeo.
sábado, 26 de mayo de 2012
martes, 22 de mayo de 2012
A VELOCIDADE DA LUZ E AS DISTANCIAS
Este vídeo científico móstranos a dificultade de comprender a magnitude do universo. Incluso o máis próximo.
Tén límites o universo?
A unidade de medida destas enormes distancias vennos dada pola velocidade da luz. Observade o vídeo sobre todo nos primeiros catro minutos.
Cal é a distancia entre a Terra e a Lúa?.
Entre a Terra e o Sol?
Aquí temos as respostas.
sábado, 10 de marzo de 2012
EU QUERO UNHA CASA ASÍ
Entretida, divertida, cultural e sobre todo ecolóxica, foi a nosa visita ao PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO. Como non podía ser doutro xeito o nome do Parque correspóndese coa dirección dun vento.
A unha porcentaxe altísima de alumnos, superior ao 80%, o que máis lle gostou foi a casa bioclimática. Pola súa forma de aforrar enerxía e polo automatizada que estaba grazas á domótica.
TODOS QUEREMOS UNHA CASA ASÍ!
miércoles, 9 de noviembre de 2011
A TRASHUMANCIA
A trashumancia tén como fin aproveitar ao máximo os recursos naturais para un mellor pastoreo. Os herbívoros salvaxes tamén practican a trashumancia, son as famosas migracións que tantas veces vemos nos documentais da televisión.
Aquí podemos ver unhas fotos deste ir e vir cos animais. Por sorte para as ovellas os pastores e os cans coidan delas para que os lobos non as ataquen, non como ocorre cos herbívoros salvaxes que deben superar infinidade de dificultades e ataques de depredadores.
No vídeo vemos o gran axudante: o can. O mastín é o can máis adaptado para evitar o ataque do lobo.
Aquí podemos ver unhas fotos deste ir e vir cos animais. Por sorte para as ovellas os pastores e os cans coidan delas para que os lobos non as ataquen, non como ocorre cos herbívoros salvaxes que deben superar infinidade de dificultades e ataques de depredadores.
No vídeo vemos o gran axudante: o can. O mastín é o can máis adaptado para evitar o ataque do lobo.
miércoles, 26 de octubre de 2011
MÚSICA E NATUREZA
Aquí temos unhas imaxes do vídeo que vimos na Fundación a semana pasada. Neste caso non están acompañadas de "voz en off", están acompañadas dunha música moi fermosa. Que vos goste.
Podedes por a pantalla completa porque o vídeo tén unha boa definición
domingo, 23 de octubre de 2011
CLIMA TEMPERADO
Cando estivemos na Fundacion Máría José Jove presentáronnos un vídeo sobre os climas, lembrades?
Este é o anaco dese vídeo no que se fai referencia ao clima temperado, onde nós vivimos. A causa de termos catro estacións ben diferenciadas está na inclinación do eixo da Terra en relación ao Sol.
martes, 18 de octubre de 2011
sábado, 8 de octubre de 2011
O RÍO TINTO
Este pequeno río sitúase na provincia de Huelva. Claramente podemos adiviñar o por que do seu nome.
A pesar da grande cantidade de contaminación metálica, á práctica inexistencia de osíxeno e ás augas acedas,
NO RÍO HAI VIDA!!!!!!
Miocroorganismos.
A vida imponse ata nos lugares máis complexos e inhóspitos
Dende sempre esta zona foi explotada pola súa riqueza en minerais, sobre todo de cobre e ferro.
miércoles, 5 de octubre de 2011
FORMACIÓN DOS CONTINENTES
Hai moitos miles de anos as terras emerxidas formaban un so continente. Agora esas terras están espalladas formando os continentes que coñecemos.
Como ocorreu?
COMO SE CREARON AS MONTAÑAS
Neste vídeo podemos ver como se chegaron a formar algunha das montañas que coñecemos, concretamente os Alpes.
martes, 4 de octubre de 2011
OS VOLCÁNS
Aquí temos un volcán en erupción. Lembrade que estamos a ver "lava", fume, etc, pero non magma, que se atopa no interior, concretamente mo manto.
sábado, 4 de junio de 2011
A POLINIZACIÓN
Como todo bon "sapiens" sodes coñecedores da importancia da polinización. Para que esto ocorra as plantas precisan de "distribuidores" de polen.
Neste vídeo podemos observar os diversos "medios de transporte" que o polen utiliza para chegar ao seu obxectivo.
sábado, 28 de mayo de 2011
DE ONDE VIMOS?
Neste vídeo temos unha explicación da evolución dos primeiros "sapiens". A clave non é outra que a CREATIVIDADE, unha das funcións primordiais da intelixencia. Fálanos este documental dun grande cataclismo, tamén das mutacións.
Bon proveito intelectual!
Bon proveito intelectual!
viernes, 20 de mayo de 2011
CARACOIS
Os caracois son animais hermafroditas.
Poñen ovos e por tanto son ovíparos.
Neste vídeo da BBC podemos ver como se reproducen.
Moi interesante.
martes, 3 de mayo de 2011
A ORIXE DA VIDA
Vimos estes días a importancia das plantas na vida actual dos seres vivos. Na súa forma de ser e de existir.
Cal foi a orixe da vida?
Como evolucionou?
Que importancia tén a fotosíntese para a vida neste planeta?
Neste vídeo podemos atopar algunha das respostas ás nosas comprensibles dúbidas.
Cal foi a orixe da vida?
Como evolucionou?
Que importancia tén a fotosíntese para a vida neste planeta?
Neste vídeo podemos atopar algunha das respostas ás nosas comprensibles dúbidas.
domingo, 10 de abril de 2011
CURIOSIDADES DAS PLANTAS
Como estamos a ver estes días, as plantas son seres vivos que sintetizan os seus alimentos. Para entendérmonos: que son quen de convertir sales minerais, auga, dióxido de carbono e enerxía solar en algo nutritivo.
PERO,
COIDADO!!!!!!!!!!!!!!
HAI PLANTAS QUE TAMÉN COMEN CARNE!!!!!!!!!
miércoles, 6 de abril de 2011
O SER VIVO MÁIS GRANDE DO MUNDO
É un fungo. A "ARMILLARIA OSTOYAE", tamén chamado o "fungo do mel"
Descubriuse en Oregon (EEUU) nas Blue Mountains, cando unha fraga estaba morrendo. Os científicos descobriron no interior das árbores uns fíos brancos, chamados micelias que correspondían ao gran fungo.
É tan enorme que ocupa unha superficie equialente a 900 campos de fútbol e tén uns 2.400 anos de idade.
O fungo medra debaixo da terra, polo que só podemos ver algunhas setas de cor dourada que envía á superficie durante o outono. Trátase dun fungo comestible, aínda que pouco saboroso.
Traballo realizado coa axuda do "sapiens sapiens" Jaime.
viernes, 25 de marzo de 2011
ADAPTACIÓNS
Unha das principais características dos seres vivos é o proceso de adaptación ao medio onde viven. Unhas veces para atopar mellor o alimento. Outras para evitar ser comido.
Neste vídeo podemos ver dúas auténticas curiosidades.
Neste vídeo podemos ver dúas auténticas curiosidades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)