Mostrando entradas con la etiqueta os nosos vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta os nosos vídeos. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de mayo de 2013

DÍA DA ÁRBORE

Entendemos por medio ambiente o lugar e as circunstancias onde se desenvolve a vida. Neste día aportamos a nosa pequena contribución.


UN CASTIÑEIRO
                              FORTE E REXIO
                                                                        SENLLEIRO
                                                                                      AMIGO E COMPAÑEIRO




martes, 30 de abril de 2013

BISECTRIZ

É, sen lugar a dúbidas, a liña xeométrica máis xusta, solidaria e ecuánime que existe. Ángulo que ve, ángulo que reparte.
EN PARTES IGUAIS!

Non leva unha parte máis grados que a outra.

QUE MARABILLA!

Imos aprender moito dela. En principio, como trazala.
Quinto produccións ofrécenos unha nova entrega. Disfrutádea.


lunes, 29 de abril de 2013

ÁNGULOS

Que doado é construir ángulos. Precisamos pouco e sinxelo material. Un chisco de destreza e ... ADIANTE!
Nesta espectacular producción podemos observar os pasos que debemos dar co fin de culminar esta "dificultosa" tarefa.


sábado, 10 de marzo de 2012

EU QUERO UNHA CASA ASÍ

Entretida, divertida, cultural e sobre todo ecolóxica, foi a nosa visita ao PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO. Como non podía ser doutro xeito o nome do Parque correspóndese coa dirección dun vento.
A unha porcentaxe altísima de alumnos, superior ao  80%, o que máis lle gostou foi a casa bioclimática. Pola súa forma de aforrar enerxía e polo automatizada que estaba grazas á domótica.

TODOS QUEREMOS UNHA CASA ASÍ!


viernes, 17 de febrero de 2012

ADEUS, ENTROIDIÑO, ADEUS.


O entroido rematou.
Era un meco mandaricas, pero non tiña malicia.
Facíao para que nos divertísemos.
E abofé que o conseguíu.
Agardarémolo, impacientes, pero sabedores de que voltará.
El tamén nos ten cariño.

viernes, 10 de febrero de 2012

O ENTROIDO ANDRÉS


 
ESTE ANO AO ENTROIDO

POÑERÉMOLO MOI GUAPO

CON CAMISA,  PANTALÓN

E ALGÚN QUE OUTRO FARRAPO


viernes, 2 de diciembre de 2011

HELP

Hai algunhas criaturas que por non saber idiomas meten a pata ou, se cadra, teñen unha resposta irónica.
Excepcional película onde os intérpretes dan o máximo da súa extraordinaria arte. Que é moita!
Filmada en espazos naturais. Os productores, a pesar da crise, móstranse expléndidos.
A edición realza as dotes interpretativas de todos os intervintes.
Que a gocedes.