Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Un libro ensina, informa, acompaña, entretén, faite rir, tremer, soñar, viaxar...
Calquera día, calquera momento, é bo para perderse entre as súas páxinas.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!


martes, 11 de marzo de 2014

PIRIMPIMPÍN



Pirimpimpín,  pimpín, pimpín,
o  Entroido xa chegou,           
o Entroido xa está aquí.


Saúdos nenos e nenas              
benvidos profes e pais
a cantar e a bailar            (bis)
outro ano, unha vez máis.

Imos todos disfrazados
de personaxes de contos
se queres saber quen son   (bis)
agora mesmo cho conto.

Xuntos  armando balbordo
chegan os de infantil
dálmatas son cento un   (bis)
aínda que parecen mil.

Os de primeiro serán
os ratiños de Hamelín
seguirán ao seu frautista    (bis)
irán onde el queira ir.

Os ananos de segundo
son moi traballadores
coidarán de Brancaneves   (bis)
e farán moitas labores.
 
Alicia e os de terceiro
nunca poden chegar tarde
van de présa os coellos      (bis)
e detrás veñen as cartas.

Os de cuarto sempre ledos
vestirán dos tres porquiños
casas de madeira e palla    (bis)
e o ladrillo nunca falla.

Aí veñen os de quinto
que non son catro nin cinco
son os corenta ladróns  (bis)
e un xefe  moi mandón   

Os de sexto viaxarán
ao país de Oz encantado
Dorothy,  home de lata,   (bis)
o león e o espantallo.

Os profes especialistas
non paran de navegar
disfrazados de piratas    (bis)                                   
para un tesouro atopar.                                            

Estaremos todos guapos                                  Alumnos/as de 6ºA e 6ºB      
lucindo as mellores galas
traballiño nos custou          (bis)                         Música: O pirimpimpín MALVELA
pensalas e fabricalas.

miércoles, 30 de octubre de 2013

O SAMAÍN


Nestes días os corredores e a entrada do colexio recollen a exposición dos traballos feitos coas cabazas. Agradecemos aos alumnos e ás súas familias o esforzo realizado. 
Noraboa a todos por participar e parabéns aos gañadores: Mónica, Brais, Sara, Adrián, Paula, Marta e Patricia. 
 A verdade é que o xurado o tivo moi complicado. 
SODES UNS ARTISTAS!!

lunes, 20 de mayo de 2013

Emilio Batallán canta aos maios. Unha fermosa composición dun gran poeta galego : Curros Enríquez.
Fixádevos nas fotos que acompañan á cantiga. Veremos fotos de hai case cen anos.
Gozade desta cantiga.


miércoles, 15 de mayo de 2013

OS MAIOS

Ficheiro:Maios, Ourense 01-22.jpg 

Os maios son unha festa tradicional de  orixe grego e fenicio que logo asimilaron os celtas e deles chegaron aos nosos días.
Son moi coñecidos os de Ourense e Lugo.
Na nosa zona adoitase facer unha estructura que se cobre con arame metálico e sobre dela póñense diversos elementos vexetais como flores, fiuncho, fentos  e mesmo froitas e ovos.
Nalgún lugares de Galicia o Maio é unha persoa cuberta de elementos vexetais.
No colexio imos facer un maio sobre estructura que cubriremos con flores elaboradas con papel.

 SEGUIREMOS INFORMANDO.

lunes, 25 de febrero de 2013

ROSALÍA

Maio longo, maio longo,
todo cuberto de rosas
para algúns, telas de morte,
para outros, telas de boda.

Maio longo, maio longo,
fuches curto para min
veu contigo a miña dicha
volveu contigo o fuxir.


viernes, 8 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Saiu o SOL no entroido dous mil trece
nenos e nenas de quinto de laranxa e amarelo,
porque a ocasión o merece,
saímos ledos e brilantes de paseo.


jueves, 31 de enero de 2013

PAZ 2013

Nun mundo de ambición                                   Amigos diversos
hai un "rincón"                                                 de diferentes cores
onde a xente reparte                                          negros, brancos, amarelos ...
moita cariño e amor                                          camiñando xuntos e solidarios
                                                                        arco da vella triunfal seremos

sábado, 26 de enero de 2013

PEONZAS

Un ano máis, buxainas…
Un ano máis, e xa van dez, as buxainas voltan a bailar e a extender a súa maxia polo patio e polos corredores do noso colexio. Así os nenos e nenas voltaron  a rescatar os seus trompos de escondidos caixóns, de recónditos currunchos, ou a mercalos novos e relucentes, para  voltar a a dar efímera vida a eses misteriosos obxetos que xiran como os corpos celestes…
Pero ademáis de bailalos tamén os decoramos e fixemos unha exposición con todos eles que nos recorda un universo de formas e colores…E os máis pequenos foron capaces de bailar  as súas perinolas pintoras e de descubrir entre as líneas que debuxaban nos seus bailes, figuras, formas, paisaxes etc…que logo eles, como creadores e artistas que son, decoraron según lles dictaba a súa inspiración…
Pero este ano as buxainas serviron tamén para algo máis…porque gracias a elas tivemos a oportunidade de que maiores e pequenos conviviran nalgúns momentos ao redor dun sinxelo xoguete que lles provoca intriga e ilusión por partes iguais…Os maiores amosáronlle aos pequenos distintos tipos de buxainas e perinolas, e ensináronlles cómo se bailan. E tamén guiáronlles no proceso de descubrir que formas se agochaban detrás daquelas líñas que pintaba unha caprichosa perinola ao bailaren…Xuntos e a voltas coas buxainas.
 

sábado, 22 de diciembre de 2012

BO NADAL

Despedimos o trimestre cunha tremenda festa. Contentos e  felices polos bos resultados obtidos en xeral. Agora con estes días de descanso reporemos forzas para facer un segundo trimestre superior a este.

FELICES FESTAS E MELLOR ANO PARA TODOS ! 
ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO



viernes, 11 de noviembre de 2011

MAGOSTO 2011

Hoxe foi un gran día. Celebramos o magosto no colexio. Diversión, castañas asadas, ledicia, baile...
Que máis podemos pedir?

O que todos pensamos...

QUE SE REPITA!



martes, 22 de marzo de 2011

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo do DÍA DA ÁRBORE e da AUGA, que no centro celebramos conxuntamente, os alumnos e alumnas de quinto plantamos no patio do Colexio unha ROBINIA, tamén chamada PSEUDOACACIA.
Imos incrementar os nosos coñecementos sobre o mundo vexetal.
É unha árbore orixinaria de norteamérica. Foi traída a Europa no século XVII por un xardineiro de Enrique IV, chamado Jean Robin, de aí o seu nome: "Robínea"
É caducifolia, de folla caduca, e bastante lonxeva. Pode vivir ata 200 anos e acadar unha altura de entre 15 e 30 metros. O seu froito é unha legume seca. Florece na primavera e tén unha madeira tan duradeira coma a do carballo. Aquí temos as flores da nosa falsa acacia.

Robinia, Falsa acacia, Acacia blanca, Acacia bastarda.

E agora estamos a plantar a nosa árbore. Que por certo debemos coidar con esmero. Marcharemos un día do colexio, pero a nosa pseudoacacia permanecerá, e será o símbolo que lembrará aos alumnos e alumnas de quinto do curso escolar 2010/2011.


viernes, 4 de marzo de 2011

E CHEGOU O DÍA

Despois de esforzados e intensos días de traballo chegou o día de mostrar todo o noso creativo talento  innovador. Obviamente digno de auténticos e xenuinos "sapiens-sapiens".

jueves, 3 de marzo de 2011

SEGUIMOS NO ANTROIDO

Disque nos modernos tempos que vivimos é normal o cambio de sexo.
Non sei se gañaremos algo, mais "riabar moito riabamos"

Foto feita por Carme, a nosa coidadora

viernes, 25 de febrero de 2011

O ANTROIDO

     É unha festa moi popular en Galicia. Hai autores que marcan o precedente na Grecia Clásica, pasando despois a Roma nas Festas Bacanais e Saturnais. Coa chegada do Cristianismo mudaron ao actual Antroido ou Entroido, que quere dicir que se "entra" no periodo da cuaresma. Xa non se pode comer carne.
O Antroido é unha festa permisiva. Pódense facer cousas que noutra época do ano non se permitirian. Emporcallar á xente con fariña, lama, cinza, vestirnos de muller ou de home, de cura, de político, de ... Do que a nosa imaxinación nos diga.

     Os quintos imos ir de BAÑISTAS, pero non de bañistas calquera, NON. De BAÑISTAS DE ÉPOCA.
     Estamos moi atarefados. Non nos perturbedes a nosa agradable laboura. Pronto estaremos na rúa. Daquela ...


lunes, 21 de febrero de 2011

viernes, 28 de enero de 2011

A PAZ

           A PAZ

O mundo xan non aguanta,
non para de chorar,
os disparos das guerras
non os pode soportar.

Todos somos diferentes,
e ao mesmo tempo iguais,
se todos nos unimos
non haberá guerras xamais.

Derrubemos, pois, os muros
que nos queren separar
e construamos pontes
que nos leven ata a PAZ.

Alumnos e alumnas de quinto A e B.

miércoles, 26 de enero de 2011

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Sabias que..
Esta xornada celébrase dende 1964?
Está recoñecida pola Organización das Nacións Unidas (ONU)?
Tamén se conmemora a morte de Mahatma Gandhi?
Gandhi era o líder nacional e espiritual da India?
Morreu no ano 1948?

Nesta data sempre desexamos que os valores máis nobles e solidarios se cumplan. Loitemos coa palabra para que se cumplan todos os días do ano e todos os anos da vida.