CASTAÑAS ANISADAS
- Castañas
- Sal
- Anises
- Manteiga
- Azucre
- Canela
Elaboración:
- Cócense as castañas en pouca auga que esté fervendo cun pouquiño de sal e uns anises. Cando estean cocidas, pero non desfeitas, sácanse e pásanse por unha tixola coa manteiga.
- Colócanse nun cazo, bótaselles un pouco de auga, engádeselle azucre e un pouco de canela, deixándoas ata que o azucre se volva espeso.
- Sácanse e sérvense.
Sara
Que ricas deben de estar! Probarei a facelas.
ResponderEliminarHola Alberto!Que boa receita!Voulle preguntar á miña nai se a podemos facer un día na casa. Xa vos direi se estaban boas.
ResponderEliminaresto ten quue estar moi bo
ResponderEliminar