jueves, 13 de diciembre de 2012

ALVEDRO

"As quintas e quintos" estivemos  este pasado mércores en Alvedro. Realmente unha visita extraordinariamente interesante e sobre todo ecolóxica. É o noso aeroporto que nos conecta con outras cidades de España e algunha de Europa: Londres e Lisboa.
Aprendimos que as compañías están a facer esforzos por contaminar menos, tanto a contaminación acústica coma atmósferica por dióxido de carbono. Parécenos ben, aínda que se pode mellorar. As persoas que vivimos no Burgo sabemos moito destes trastornos.
Sabiades que moi probablemente o nome "Alvedro" proveña  da palabra ALBEDRO?
Que é un albedro? Pregunta ou busca información. Enviade comentarios.


martes, 11 de diciembre de 2012

ARTE RUPESTRE

Os homes e mulleres da prehistoria realizaban pinturas e gravados nas paredes das covas e nos abrigos das rochas, que se coñecen como ARTE RUPESTRE.
Unha das xoias desta arte son as COVAS DE ALTAMIRA. Hai case 100 pinturas realizadas con grande realismo, aproveitando as formas e volume das rochas e teito da cova. Predominan as cores vermella e ocre con bordes negros. Estas pinturas foron feitas hai 15.000 anos e representan a cabalos. touros, cervos, etc.


martes, 4 de diciembre de 2012

SETAS E COGOMELOS

Menudo exemplar
Noelia tróuxonos ao colexio unha grande e fermosa seta. Buscando na rede conseguimos atopar o seu nome  e as súas características e así sabemos, por exemplo, que é comestible. Chámase cerrote ou macrolepiota procera.




jueves, 15 de noviembre de 2012

RECEITAS DO MAGOSTO


FLAN DE CASTAÑAS (2)   

 Ingredientes: 

  •    
  • 1 bote de leite condensado     
  • 2 ovos  
  • 1 vaso de leite semidesnatado  
  • caramelo líquido
  • 100 gramos de castañas pilongas


Elaboración:


  1. Poñer as castañas pilongas (secas e peladas) en remollo o día anterior. Unha vez rebrandecidas secalas ben e facelas po coa batedora.
  2. Mesturar o leite condensado coas xemas dos ovos. Engadirlle as castañas en po e o vaso de leite e mesturalo todo moi ben. 
  3. Montamos as claras a punto de neve (que queden ben espesas) e unha vez listas incorporalas á mestura de leite, castañas e ovo con movementos envolventes.
  4. Caramelizar un molde, botar nel a mestura e fornear a baño maría a 180º durante uns 45 minutos.
  5. Deixar arrefriar e desmoldar.       

Andrea

RECEITAS DO MAGOSTO

FLAN DE CASTAÑAS  (1)     
Ingredientes: 
  • 500 gramos de castañas      
  • 6 ovos     
  •  2 culleradas de ron    
  • unhas areas de sal
  • 200 gramos de azucre
Elaboración:
  1. Cócense as castañas, pélanse e móense.
  2. Nunha cunca poñemos os ovos, o ron, o azucre e o sal e batímolo ben. Cando estea moi espumoso engadímoslle as castañas.  
  3. Nunha tixola poñemos 3 culleradas de azucre cunhas pingas de limón e poñémolo ó lume. Cando estea tostado untamos o molde do flan. 
  4. Botamos a mestura no molde e poñémolo a cocer uns 45 minutos. Cravámoslle unha agulla e se sae seca é que está cocido.
  5. Deixámolo arrefriar e metémolo na neveira ata o día seguinte.
  6. Baleirámolo nunha fonte e adornámolo cunhas castañas.       

Eva            

RECEITAS DO MAGOSTO

PUDIN DE CASTAÑAS

Ingredientes:
  • 750 g de castañas
  • 300 g de azucre
  • 100 g de manteiga
  • 6 ovos
  • 1/4 l de tona
  • 2 vasos de leite
  • azucre para bañar o molde
  • culleradas de vainilla
Elaboración:
  1. As castañas xa cocidas pásanse polo pasapurés.
  2. Ponse o puré na cazola onde se coceron as castañas, engádese o azucre e a manteiga en cachiños.
  3. Móvese coa espátula para que non se agarre.
  4. Sepárase do lume e déixase arrefriar.
  5. Lévase á neveira e sérvese frío.
Adrián             

RECEITAS DO MAGOSTO

MOUSSE DE CASTAÑAS                                          
Ingredientes:

  • 3 culleradas de leite condensado
  • 3 ovos
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 copiña de coñac
  • 1 kg de castañas
Elaboración:
  1.  Asamos as castañas no forno durante 8 minutos, pelámolas e poñémolas nun cazo con medio litro de auga e a manteiga.
  2. Deixámolas cocer durante 30 minutos e pasámolas por un pasapuré.
  3. Mesturamos o puré coas claras montadas a punto de neve.
  4. Vertemos en copas de cristal e deixámolas na neveira ata o momento de servir.
Marta 

martes, 13 de noviembre de 2012

RECEITAS DO MAGOSTO

CASTAÑAS ANISADAS

Igredientes:

  • Castañas
  • Sal
  • Anises
  • Manteiga
  • Azucre
  • Canela

Elaboración:

  1. Cócense as castañas en pouca auga que esté fervendo  cun pouquiño de sal e uns anises. Cando estean cocidas, pero non desfeitas, sácanse e pásanse por unha tixola coa manteiga.
  2. Colócanse nun cazo, bótaselles un pouco de auga, engádeselle azucre e un pouco de canela, deixándoas ata que o azucre se volva espeso.
  3. Sácanse e sérvense.
Sara


martes, 30 de octubre de 2012

O NOSO SAMAÍN

É o SAMAÍN unha festa moi antiga, perdida na  noite dos tempos. Consideran os historiadores o seu orixe na cultura celta. Os mortos tiñan o privilexio anual de compartir algo de tempo cos seus seres queridos.
En Galicia os nenos e nenas valeiraban as cabazas e nabos e poñían dentro unha fonte de luz. No noso colexio cando chegamos a estas datas celebramos unha exposición de cabazas.

miércoles, 17 de octubre de 2012

INICIAMOS UNHA NOVA EXPERIENCIA

    Comezamos un novo curso e este blog estará a disposición de todos os alumnos e alumnas de quinto.
    Estamos orgullosos de que este novo ano que iniciamos esté adicado á persoa que cedeu o seu nome para o colexio ISAAC DÍAZ PARDO.
    Foi un home polifacético, adicouse a moitas actividades, salientando en todas elas polo seu grande talento.

miércoles, 27 de junio de 2012

QUE OS VENTOS VOS SEXAN PROPICIOS

Cando ao nacermos iniciamos a  navegación da vida, a esperanza dunha tranquila singladura é a emoción que sobresae por enriba das demais. As dúbidas abordarannos máis adiante.
Non temades!

 Si ata agora os ventos mareiros foron favorabeis, non teñen porque non selo no futuro. É cuestión de orientar as velas aos ventos axeitados e afastalas daqueles outros que nos podan perxudicar. Aquí, e non noutro aspecto da navegación, está o SEGREDO do éxito.
Eu, como vello lobo marino, estou no certo que a tripulación embarcada dende estas aulas está máis que preparada, e fará frente a todas as vicisitudes que a navegación lle depare.

BOA SORTE AMIGOS !!
Alberto


viernes, 1 de junio de 2012

CHOQUE DE GALAXIAS

Composición do choque feita pola NASA



A Vía Láctea, o conxunto de miles de millóns de estrelas ao que pertence o noso Sol, acabará chocando  coa galaxia Andrómeda, agora situada a 2.5 millóns de anos luz.
A esta conclusión chegaron uns científicos que mediron a velocidade das galaxias grazas ao telescopio espacial Hubble.
Pero tranquilidade porque isto non ocurrirá ata dentro de 4.000.000.000 de anos.