miércoles, 30 de marzo de 2011

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ COSTA

O pasado luns 21 de marzo os alumnos  e alumnas de terceiro ciclo de primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro Literario coa escritora Teresa González Costa.  É a autora de “ A filla do ladrón de bicicletas”, un libro que nos trouxeron os Reis Magos e que todos limos .
Teresa González Costa nace no Grove, pero actualmente vive en Vigo. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana.
Gañou a XXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil. "A filla do ladrón de bicicletas" foi ilustrada por Jacobo Fernández,  a quen coñecemos o curso pasado.
 Estivemos encantados, xa que nos aclarou as dúbidas que nos xurdiron despois de ler o libro, dúbidas como que pasou coas personaxes, como naceu a historia, onde se situaba o relato…etc
Foi moi entretido e moi interesante, ademáis a Xulio, o director, rompeulle a mesa da biblioteca e rimos moito, non se mancou e foi moi divertido.
Ao final asinounos os libros e algún dos traballos.
Esperamos repetir a experiencia. Grazas Teresa!!!!
Os alumnos e alumnas de 5º A de E.P.

8 comentarios:

  1. Foi moi divertido.Por certo Alberto,é Teresa González Costa,non Costas.

    ResponderEliminar
  2. foi certo que nos rimos todos cando caeu Xulio.

    ResponderEliminar
  3. alberto de quen e a cancion e boisima.

    ResponderEliminar
  4. Teresa foi moi amable e moi divertida con todos nós.

    ResponderEliminar
  5. Menos mal que Xulio non se mancou porque senon...

    ResponderEliminar
  6. Todos nòs botamos a rir cando caeu Xulio.

    ResponderEliminar
  7. Por certo, Alex. a canción é "Flood" do grupo Take That.

    ResponderEliminar