martes, 22 de marzo de 2011

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Con motivo do DÍA DA ÁRBORE e da AUGA, que no centro celebramos conxuntamente, os alumnos e alumnas de quinto plantamos no patio do Colexio unha ROBINIA, tamén chamada PSEUDOACACIA.
Imos incrementar os nosos coñecementos sobre o mundo vexetal.
É unha árbore orixinaria de norteamérica. Foi traída a Europa no século XVII por un xardineiro de Enrique IV, chamado Jean Robin, de aí o seu nome: "Robínea"
É caducifolia, de folla caduca, e bastante lonxeva. Pode vivir ata 200 anos e acadar unha altura de entre 15 e 30 metros. O seu froito é unha legume seca. Florece na primavera e tén unha madeira tan duradeira coma a do carballo. Aquí temos as flores da nosa falsa acacia.

Robinia, Falsa acacia, Acacia blanca, Acacia bastarda.

E agora estamos a plantar a nosa árbore. Que por certo debemos coidar con esmero. Marcharemos un día do colexio, pero a nosa pseudoacacia permanecerá, e será o símbolo que lembrará aos alumnos e alumnas de quinto do curso escolar 2010/2011.


5 comentarios:

  1. Que divertido foi plantar a àrbore,Alberto.

    ResponderEliminar
  2. Agora temos que coidala moito, para que medre forte e san. Non creo que chegue a ser un "sapiens", pero ha ser unha árbore importante.

    ResponderEliminar
  3. alberto ¿cal e a arbore que dura mais anos porque se a robinia dura 200 anos?

    ResponderEliminar
  4. A árbore máis lonxeva actualmente é a secuoia. Pode sobrepasar os catro mil anos. É tamén moi alta. Chega aos 110 metros. Son moi coñecidas unhas secuoias dun parque natural dos EEUU. O seu perímetro na base da árbore é de 25 metros

    ResponderEliminar
  5. Aínda que non sexa a máis alta, para nós é a mellor.

    ResponderEliminar