viernes, 11 de marzo de 2011

CAL É O ANIMAL MÁIS GRANDE QUE EXISTIU?

Agora que as sesións de Coñecemento do Medio trocaron de tema, dado que imos falar dos seres vivos, moitas preguntas xurdirán na nosa atenta e curiosa mente de "sapiens-sapiens". Unha delas podería ser a mesma que introduce esta entrada.
Seguramente todos respostariamos que o animal máis grande que existiu foi algún dos maxestuosos saurios xa desaparecidos. Os grandes dinosaurios, si, aqueles eran enormes e grandes de verdade. Cometeriamos un erro!
Tamén diriamos que se alimentaría con  animais de enorme tamaño. Outro erro, non damos unha a dereitas! Come animais  pequenos, aínda que sabrosos.
Por suposto que se é grande desprazarase  dun xeito moi vagaroso. Obviamente outro erro, como xa iredes imaxinando.
Sendo tan grande saberemos moitas cousas del. Por suposto "idem eadem idem"
Pincha sobre o noso planeta e todas as túas dúbidas quedarán resoltas.


4 comentarios:

  1. Alberto,me has deixado coa boca aberta.

    ResponderEliminar
  2. Non entendo moi ben como o animal máis grande que existiu (a balea) aliméntase dun crustáceo tan pequeno como o crin, o máis normal é que e alimente de atún por exemplo.

    ResponderEliminar
  3. As baleas deberían estar mellor protexidas xa que son o animal máis grande do mundo que existiu.

    ResponderEliminar
  4. Non importa o tamaño do que se come. A cantidade é o que importa. Unha balea é quen de inxerir máis dunha tonelada de krill, o seu alimento, parecido aos camaróns.

    ResponderEliminar