O pasado luns 21 de marzo os alumnos e alumnas de terceiro ciclo de primaria tivemos a sorte de participar nun Obradoiro Literario coa escritora Teresa González Costa. É a autora de “ A filla do ladrón de bicicletas”, un libro que nos trouxeron os Reis Magos e que todos limos .
Teresa González Costa nace no Grove, pero actualmente vive en Vigo. Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana.
Gañou a XXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil. "A filla do ladrón de bicicletas" foi ilustrada por Jacobo Fernández, a quen coñecemos o curso pasado.
Estivemos encantados, xa que nos aclarou as dúbidas que nos xurdiron despois de ler o libro, dúbidas como que pasou coas personaxes, como naceu a historia, onde se situaba o relato…etc
Foi moi entretido e moi interesante, ademáis a Xulio, o director, rompeulle a mesa da biblioteca e rimos moito, non se mancou e foi moi divertido.
Ao final asinounos os libros e algún dos traballos.
Esperamos repetir a experiencia. Grazas Teresa!!!!
Os alumnos e alumnas de 5º A de E.P.