miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro,  dama da poesía e defensora da lingua galega.

Imos coñecela mellor, tanto a súa vida como a súa obra, pinchando na imaxe seguinte.



E se pinchas na foto do  libro Follas novas, terás acceso á lectura das súas obras.



viernes, 16 de octubre de 2015

CAPITAIS DE EUROPA

Este vídeo vos servirá de axuda para repasar os países de Europa e coñecer as súas capitais.

jueves, 21 de mayo de 2015

AS FIGURAS PLANAS

Coñeces os nomes das figuras xeométricas? Sabes cales son os seus elementos? E as súas características?

martes, 12 de mayo de 2015

domingo, 10 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde. Foi profesor, investigador, escritor e poeta.
Preme nos enlaces para coñecer  a súa vida e a súa obra.


jueves, 30 de abril de 2015

A MEDIDA DO TEMPO

Para chegar ás solucións finais dalgunhas das actividades é conveniente que teñas á man un folio e un lapis para facer as operacións que precises. 





miércoles, 22 de abril de 2015

NO TEMPO DOS ROMANOS

En que ano chegaron os romanos á Península Ibérica? 
Que pobos habitaban a Península Ibérica nesa época?
Canto durou a conquista e o dominio romanos?







martes, 14 de abril de 2015

A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

  • Partes dunha flor
 
  • A fecundación


  •  A formación da semente

 
  • Repaso do tema




miércoles, 8 de abril de 2015

VIAXE A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado 18 de marzo os alumnos e alumnas de 5º  fomos a Santiago de Compostela.
Primeiro visitamos o Parlamento de Galicia. Que ilusión poder sentarnos nos escanos que ocupan os deputados e deputadas no hemiciclo!!
 A continuación estivemos no Museo do Pobo Galego. Encantounos a triple escaleira helicoidal. 
Comimos no Gaiás e percorrimos a exposición sobre Santiago e o camiño. A montaxe era sorprendente.
Por último entramos na catedral.
Pasámolo moi ben!!
Visita a Santiago on PhotoPeach