viernes, 30 de enero de 2015

UNHA NENA MOI VALENTE

Malala Yousafzai é unha adolescente de 17 anos que deu exemplo ao mundo pola súa loita en defensa da educación das nenas do seu país, Paquistán, e no resto do mundo.
<< Un NENO, un MESTRE, un LAPIS e un LIBRO poden cambiar o mundo >>



jueves, 29 de enero de 2015

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Para facer sós  pombas de origami como as  da clase, seguide con atención as instruccións do seguinte vídeo. 
Por certo, quedáronnos ben chuliñas!!


             


Tamén vos deixo  actividades, xogos e unha bonita canción.



     
                                 

jueves, 15 de enero de 2015

A FOTOSÍNTESE

O proceso da fotosíntese é moi importante para comprender a vida na Terra, xa que todos os seres vivos dependemos, en maior ou menor grao, das plantas.

Déixovos tres aplicacións para comprendela mellor.

                            







miércoles, 12 de noviembre de 2014

DESCUBRE A TÚA PERSONALIDADE SALVAXE

Preséntovos unha divertida ferramenta para crear e personalizar o voso propio ser imaxinario mesturando características humanas e animais. Podedes describilo e inventar con el fantásticas historias. 
O resultado será sorprendente!!!



lunes, 6 de octubre de 2014

viernes, 19 de septiembre de 2014

lunes, 30 de junio de 2014

A DESPEDIDA

Tristeiros por deixar o colexio, no que a maioría estivestes nove anos; ledos porque comezaban as esperadas e merecidas vacacións; e ilusionados e un chisco nerviosos pola nova etapa que comezaredes o vindeiro curso, ... chegou o día da despedida.
Foi moi agradable para min compartir con vós estes dous últimos anos. Recordade que hai que esforzarse cada día para ter bos resultados.
Moita sorte en todo o que emprendades!!!

FELICES VACACIÓNS!!

Alumnos e alumnas de sexto
Promoción 2005/2014


sábado, 28 de junio de 2014

SAÍDA FIN DE CURSO

Que ben o pasamos nesta saída!!!
Estivemos catro días na granxa-escola da Fervenza do Toxa, onde disfrutamos da natureza e vivimos novas experiencias.
Como xa tedes as fotos, só vos deixo unha mostra dalgunhas das actividades que fixemos.