jueves, 30 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
lunes, 29 de septiembre de 2014
viernes, 19 de septiembre de 2014
OS NÚMEROS NATURAIS
Coas seguintes actividades interactivas poderedes escribir, descompoñer, comparar e ordenar números naturais de xeito ameno e divertido.
Animádevos a practicar!!
lunes, 30 de junio de 2014
A DESPEDIDA
Tristeiros por deixar o colexio, no que a maioría estivestes nove anos; ledos porque comezaban as esperadas e merecidas vacacións; e ilusionados e un chisco nerviosos pola nova etapa que comezaredes o vindeiro curso, ... chegou o día da despedida.
Foi moi agradable para min compartir con vós estes dous últimos anos. Recordade que hai que esforzarse cada día para ter bos resultados.
Moita sorte en todo o que emprendades!!!
sábado, 28 de junio de 2014
SAÍDA FIN DE CURSO
Que ben o pasamos nesta saída!!!
Estivemos catro días na granxa-escola da Fervenza do Toxa, onde disfrutamos da natureza e vivimos novas experiencias.
Como xa tedes as fotos, só vos deixo unha mostra dalgunhas das actividades que fixemos.
jueves, 19 de junio de 2014
REPASO VACACIÓNS 6º PRIMARIA
Déixovos uns cadernos imprimibles para repasar o aprendido ao longo do curso. Clicade enriba de cada título.
domingo, 1 de junio de 2014
VISITA A SOTAVENTO
O 28 de maio visitamos o parque experimental de Sotavento, situado na "Serra da Loba", entre os municipios de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
Coñecimos as partes dun aeroxerador e aprendimos medidas sinxelas coas que podemos aforrar enerxía nas nosas casas.
Encantounos a casa bioclimática. Todos queriamos ter unha igual!!
O SISTEMA NERVIOSO
O noso cerbro é simplemente impresionante. Grazas a el e ao traballo desas "recadeiras" incansables, as neuronas, o funcionamento do sistema nervioso parece doado.
jueves, 29 de mayo de 2014
COMPETENCIA LECTORA
Preséntovos dous estupendos proxectos que pretenden facer lectores capaces de enfrontarse a todos os textos, é dicir, lectores que comprendan todo o que lean.
Entra facendo clic nas imaxes e elixe o que che interese. ¡Tes moitas actividades para mellorar a lectura!
miércoles, 7 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Aquí vos deixo uns interesantes enlaces con información e entretidas actividades sobre Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
OS ÓSOS E OS MÚSCULOS
Sabías que o corpo humano ten 206 ósos e aproximadamente 650 músculos?
Cal é o óso máis longo do corpo? E o máis curto?
Que músculo ten un nome coa palabra máis longa?
Investiga!!
Cal é o óso máis longo do corpo? E o máis curto?
Que músculo ten un nome coa palabra máis longa?
Investiga!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













