jueves, 30 de enero de 2014

A PAZ

O 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, celébrase nas escolas de todo o mundo o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
O lema deste día é: "Amor universal, Non-violencia e Paz"
O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra.


lunes, 20 de enero de 2014

APRENDER A ESTUDAR

Neste enlace terás ampla información sobre o estudo: consellos, técnicas de estudo, como facer esquemas, resumos, etc.


martes, 14 de enero de 2014

CRISTOVO COLÓN

No ano 1492 Cristovo Colón descubriu América. Esta data marca o inicio da Idade Moderna.
Preme na imaxe para saber máis sobre Colón.


lunes, 16 de diciembre de 2013

MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA

Visitamos o MUNCYT, o novo museo científico de A Coruña.
Dous simpáticos robots guía nos deron a benvida e nos presentaron o que iamos ver a continuación: a antiga lanterna da Torre de Hércules, os primeiros proxectores de películas que houbo en A Coruña, o primeiro ordenador que chegou a España,e.. o Boeing 747, o primeiro avión que cruzou o océano Atlántico.

miércoles, 30 de octubre de 2013

O SAMAÍN


Nestes días os corredores e a entrada do colexio recollen a exposición dos traballos feitos coas cabazas. Agradecemos aos alumnos e ás súas familias o esforzo realizado. 
Noraboa a todos por participar e parabéns aos gañadores: Mónica, Brais, Sara, Adrián, Paula, Marta e Patricia. 
 A verdade é que o xurado o tivo moi complicado. 
SODES UNS ARTISTAS!!

domingo, 27 de octubre de 2013

O SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Clicade nesta imaxe e saberedes un pouco máis sobre esta festa do outono.




viernes, 25 de octubre de 2013

BENVIDOS AO NOSO BLOG

CAMBIAMOS DE NOME

Ola!
Cambiamos o nome do blog, agora chámase  paseniño.
Benvidos a tod@s ao noso blog  e especialmente a Samuel e Candela que se incorporaron este curso á clase de 6º B.

sábado, 22 de junio de 2013

FACHENDOSOS

Rematamos o curso. Fixémolo bastante ben, aínda que todo é mellorable.
A ansiada visita tivo lugar.
Canto disfrutamos!
Ao igual que no remate desta nova entrega de quinto produccións, sociedade limitada, os profes desexámosvos unhas divertidas vacacións e non esquezades un chisco de traballo diario.
GOZADE DA ENTREGA VISUAL.


viernes, 21 de junio de 2013

BARBANZÁS

Hai moitos anos que os primeiros "BARBANZÁS" ocuparon estes fermosos lugares e agora os alumnos e alumnas de quinto queremos facerlles unha homenaxe.
COMO?
Demostrando que somos respectuosos co seu legado. Recoñecendo a importancia do mesmo, que nos fai ser o que SOMOS:

GALEGOS RESPONSABLES COA NOSA HISTORIA, PASADA E PRESENTE.

E tamén, claro está, DIVERTÍNDONOS, FACENDO AMIGOS.
Unha pequena mostra.


viernes, 14 de junio de 2013

EN GALEGO

EN GALEGO FALO
EN GALEGO SINTO
EN GALEGO CANTO
SABES QUE NON MINTO!

EN GALEGO TODO PODO FACER
EN GALEGO ESTOU NO MUNDO
MEU O MUNDO É!

martes, 11 de junio de 2013

O BARBANZA

Que imos ver nesta viaxe?
Camiñaremos por onde o fixeron os nosos antergos prehistóricos, veremos restos das súas megalíticas construccións e ... se cadra?

DOLMEN DE AXEITOS
É unha construcción megalítica datada entre o 4.000 e o 3.600 a. C. Anteriores ás pirámides. Está situada no concello de Riveira sendo un dos restos máis significativos en Galicia. Servían para enterramentos, moitas veces colectivos, das persoas importantes dos poboamentos. Cubríanse estas estructuras pétreas con terra.











O CASTRO DE BAROÑA.
Situado no concello de Porto do Son. É un bo exemplo de castro marítimo. Foi habitado entre os séculos I a. C e I d. C. Tiña un foxo e a continuación dúas murallas no istmo. No poboado está a muralla principal cunha entrada moi ben conservada. No interior hai dous barrios. Atopáronse restos de cerámica e de metal.
Nestas fotos, con colegas que agora están en primeiro de ESO, podemos observar as características deste castro tan ben conservado. 
CONFIAMOS EN QUE AS NOVAS XERACIÓNS SEXAN QUEN DE MANTER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E TRANSMITILO NAS MELLORES CONDICIÓNS.


jueves, 23 de mayo de 2013

CULLEREDO MONUMENTAL

Este xoves, 23 de maio, saímos de visita polo noso entorno. O Concello que nos acolle conserva numerosos e valiosos monumentos. De todas as épocas. Observamos e traballamos actividades sobre a Ponte do Burgo, a Torre de Celas, o Pazo de Vilaboa e a Igrexa de Santiago. Nas aulas remataremos os traballos e seguro que algunha conversa teremos sobre esta saída.