lunes, 16 de diciembre de 2013

MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA

Visitamos o MUNCYT, o novo museo científico de A Coruña.
Dous simpáticos robots guía nos deron a benvida e nos presentaron o que iamos ver a continuación: a antiga lanterna da Torre de Hércules, os primeiros proxectores de películas que houbo en A Coruña, o primeiro ordenador que chegou a España,e.. o Boeing 747, o primeiro avión que cruzou o océano Atlántico.

miércoles, 30 de octubre de 2013

O SAMAÍN


Nestes días os corredores e a entrada do colexio recollen a exposición dos traballos feitos coas cabazas. Agradecemos aos alumnos e ás súas familias o esforzo realizado. 
Noraboa a todos por participar e parabéns aos gañadores: Mónica, Brais, Sara, Adrián, Paula, Marta e Patricia. 
 A verdade é que o xurado o tivo moi complicado. 
SODES UNS ARTISTAS!!

domingo, 27 de octubre de 2013

O SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Clicade nesta imaxe e saberedes un pouco máis sobre esta festa do outono.




viernes, 25 de octubre de 2013

BENVIDOS AO NOSO BLOG

CAMBIAMOS DE NOME

Ola!
Cambiamos o nome do blog, agora chámase  paseniño.
Benvidos a tod@s ao noso blog  e especialmente a Samuel e Candela que se incorporaron este curso á clase de 6º B.

sábado, 22 de junio de 2013

FACHENDOSOS

Rematamos o curso. Fixémolo bastante ben, aínda que todo é mellorable.
A ansiada visita tivo lugar.
Canto disfrutamos!
Ao igual que no remate desta nova entrega de quinto produccións, sociedade limitada, os profes desexámosvos unhas divertidas vacacións e non esquezades un chisco de traballo diario.
GOZADE DA ENTREGA VISUAL.


viernes, 21 de junio de 2013

BARBANZÁS

Hai moitos anos que os primeiros "BARBANZÁS" ocuparon estes fermosos lugares e agora os alumnos e alumnas de quinto queremos facerlles unha homenaxe.
COMO?
Demostrando que somos respectuosos co seu legado. Recoñecendo a importancia do mesmo, que nos fai ser o que SOMOS:

GALEGOS RESPONSABLES COA NOSA HISTORIA, PASADA E PRESENTE.

E tamén, claro está, DIVERTÍNDONOS, FACENDO AMIGOS.
Unha pequena mostra.


viernes, 14 de junio de 2013

EN GALEGO

EN GALEGO FALO
EN GALEGO SINTO
EN GALEGO CANTO
SABES QUE NON MINTO!

EN GALEGO TODO PODO FACER
EN GALEGO ESTOU NO MUNDO
MEU O MUNDO É!

martes, 11 de junio de 2013

O BARBANZA

Que imos ver nesta viaxe?
Camiñaremos por onde o fixeron os nosos antergos prehistóricos, veremos restos das súas megalíticas construccións e ... se cadra?

DOLMEN DE AXEITOS
É unha construcción megalítica datada entre o 4.000 e o 3.600 a. C. Anteriores ás pirámides. Está situada no concello de Riveira sendo un dos restos máis significativos en Galicia. Servían para enterramentos, moitas veces colectivos, das persoas importantes dos poboamentos. Cubríanse estas estructuras pétreas con terra.











O CASTRO DE BAROÑA.
Situado no concello de Porto do Son. É un bo exemplo de castro marítimo. Foi habitado entre os séculos I a. C e I d. C. Tiña un foxo e a continuación dúas murallas no istmo. No poboado está a muralla principal cunha entrada moi ben conservada. No interior hai dous barrios. Atopáronse restos de cerámica e de metal.
Nestas fotos, con colegas que agora están en primeiro de ESO, podemos observar as características deste castro tan ben conservado. 
CONFIAMOS EN QUE AS NOVAS XERACIÓNS SEXAN QUEN DE MANTER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E TRANSMITILO NAS MELLORES CONDICIÓNS.


jueves, 23 de mayo de 2013

CULLEREDO MONUMENTAL

Este xoves, 23 de maio, saímos de visita polo noso entorno. O Concello que nos acolle conserva numerosos e valiosos monumentos. De todas as épocas. Observamos e traballamos actividades sobre a Ponte do Burgo, a Torre de Celas, o Pazo de Vilaboa e a Igrexa de Santiago. Nas aulas remataremos os traballos e seguro que algunha conversa teremos sobre esta saída.


lunes, 20 de mayo de 2013

Emilio Batallán canta aos maios. Unha fermosa composición dun gran poeta galego : Curros Enríquez.
Fixádevos nas fotos que acompañan á cantiga. Veremos fotos de hai case cen anos.
Gozade desta cantiga.


miércoles, 15 de mayo de 2013

OS MAIOS

Ficheiro:Maios, Ourense 01-22.jpg 

Os maios son unha festa tradicional de  orixe grego e fenicio que logo asimilaron os celtas e deles chegaron aos nosos días.
Son moi coñecidos os de Ourense e Lugo.
Na nosa zona adoitase facer unha estructura que se cobre con arame metálico e sobre dela póñense diversos elementos vexetais como flores, fiuncho, fentos  e mesmo froitas e ovos.
Nalgún lugares de Galicia o Maio é unha persoa cuberta de elementos vexetais.
No colexio imos facer un maio sobre estructura que cubriremos con flores elaboradas con papel.

 SEGUIREMOS INFORMANDO.

martes, 7 de mayo de 2013

CONSECUENCIAS DA XEMACIÓN

O coral ese escondido animal. Creador dun ecosistema rico en vida en todas as súas variedades. Podemos ver algúns animais residentes e outros visitantes. Unha marabilla da Natureza.