jueves, 15 de enero de 2015

A FOTOSÍNTESE

O proceso da fotosíntese é moi importante para comprender a vida na Terra, xa que todos os seres vivos dependemos, en maior ou menor grao, das plantas.

Déixovos tres aplicacións para comprendela mellor.

                            







miércoles, 12 de noviembre de 2014

DESCUBRE A TÚA PERSONALIDADE SALVAXE

Preséntovos unha divertida ferramenta para crear e personalizar o voso propio ser imaxinario mesturando características humanas e animais. Podedes describilo e inventar con el fantásticas historias. 
O resultado será sorprendente!!!



lunes, 6 de octubre de 2014

viernes, 19 de septiembre de 2014

lunes, 30 de junio de 2014

A DESPEDIDA

Tristeiros por deixar o colexio, no que a maioría estivestes nove anos; ledos porque comezaban as esperadas e merecidas vacacións; e ilusionados e un chisco nerviosos pola nova etapa que comezaredes o vindeiro curso, ... chegou o día da despedida.
Foi moi agradable para min compartir con vós estes dous últimos anos. Recordade que hai que esforzarse cada día para ter bos resultados.
Moita sorte en todo o que emprendades!!!

FELICES VACACIÓNS!!

Alumnos e alumnas de sexto
Promoción 2005/2014


sábado, 28 de junio de 2014

SAÍDA FIN DE CURSO

Que ben o pasamos nesta saída!!!
Estivemos catro días na granxa-escola da Fervenza do Toxa, onde disfrutamos da natureza e vivimos novas experiencias.
Como xa tedes as fotos, só vos deixo unha mostra dalgunhas das actividades que fixemos.


domingo, 1 de junio de 2014

VISITA A SOTAVENTO

O 28 de maio visitamos o parque experimental de Sotavento, situado na "Serra da Loba", entre os municipios de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).
Coñecimos as partes dun aeroxerador e aprendimos medidas sinxelas coas que podemos aforrar enerxía nas nosas casas.
Encantounos a casa bioclimática. Todos queriamos ter unha igual!!


O SISTEMA NERVIOSO

O noso cerbro é simplemente impresionante. Grazas a el e ao traballo desas "recadeiras" incansables, as neuronas, o funcionamento do sistema nervioso parece doado.