sábado, 10 de marzo de 2012

EU QUERO UNHA CASA ASÍ

Entretida, divertida, cultural e sobre todo ecolóxica, foi a nosa visita ao PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO. Como non podía ser doutro xeito o nome do Parque correspóndese coa dirección dun vento.
A unha porcentaxe altísima de alumnos, superior ao  80%, o que máis lle gostou foi a casa bioclimática. Pola súa forma de aforrar enerxía e polo automatizada que estaba grazas á domótica.

TODOS QUEREMOS UNHA CASA ASÍ!


jueves, 8 de marzo de 2012

OS ALIMENTOS

Lembramos que non é o mesmo alimento que nutriente.
Para obter os nutrientes é preciso un proceso no noso organismo: A dixestión.
Tiñamos unha pregunta no ar.
Cal é a porcentaxe de auga nos alimentos?
No pan e nos cereais aproximadamente un 8/10%
Nas carnes máis dun 50%, nos pescados ata o 75%
Nos queixos 50% e máis.
Nas froitas e verduras un 80%. A sandía o 90%.
Vedes o uso das porcentaxes?

lunes, 5 de marzo de 2012

O APARATO DIXESTIVO

Na área de Coñecemento do Medio estamos a ver a alimentación e a nutrición nos seres humanos. Este didáctico vídeo amósanos as partes e funcionamento do aparato dixestivo.



domingo, 4 de marzo de 2012

UN SORRISO

Un balón entra na portería:
GOOOOOOOOOOOOOOOOL!
Un balón penetra na cesto:
CANAAAAAAAAAAAASSSSSSTA!
Un balón pode ter moitas funcións,
utilidades,
versións,
matices,...
Normalmente os balóns teñen un bon sentido do ritmo,
tamén teñen un bon oído musical.

TÉÑENO TODO!!!!!!!!!





martes, 28 de febrero de 2012

A TORRE EIFFEL

Con motivo da revolución industrial produciuse un incremento do uso do ferro e o auxe da siderurxia.
Este ferro utilizouse no transporte e na construcción fundamentalmente.
Unha das xoias constructivas máis recoñecidas é sen dúbida a TORRE EIFFEL.

lunes, 27 de febrero de 2012

GOYA

É este un vídeo un pouco longo, pero moi ilustrativo da obra e vida do pintor. Dos cambios que se producen na súa vida e a xustificación de moitas das súas pinturas.

viernes, 17 de febrero de 2012

ADEUS, ENTROIDIÑO, ADEUS.


O entroido rematou.
Era un meco mandaricas, pero non tiña malicia.
Facíao para que nos divertísemos.
E abofé que o conseguíu.
Agardarémolo, impacientes, pero sabedores de que voltará.
El tamén nos ten cariño.

miércoles, 15 de febrero de 2012

TERCEIRO MANDATO
















Como Meco supremo vos digo:
rebuscade no voso desván
roupa vella de inverno ou verán
e poñédea para semellar un mendigo.

martes, 14 de febrero de 2012

MANDATOS DO MECO

Este meco fachendoso e burgués
proponnos enérxica e amablemente
que poñamos en cada un dos pés
un zapato coa cor diferente

lunes, 13 de febrero de 2012

O MECO MANDARÍN

Fachendoso, como ves,
e un chisco irreverente
prégolle a toda esta xente
vista unha prenda ao revés

E se ti non o acatares
sendo asunto capital
comprenderás, i é normal,
non cates os meus manxares

viernes, 10 de febrero de 2012

O ENTROIDO ANDRÉS


 
ESTE ANO AO ENTROIDO

POÑERÉMOLO MOI GUAPO

CON CAMISA,  PANTALÓN

E ALGÚN QUE OUTRO FARRAPO


domingo, 5 de febrero de 2012

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

No século XVIII ten lugar un acontecemento que cambiará a estructura económica e social do mundo. O perfeccionamento da máquina de vapor e a súa aplicación á industria. O nacemento dunhas novas clases sociais: a burguesía capitalista e a clase obreira.
Con este sinxelo vídeo podemos comprender desde os precedentes ata o auxe da revolución que se inicia en Inglaterra e que pouco a pouco se vai ir extendendo.
Observade a importancia do comercio, das comunicacións marítimas e das materias primas que se traían das colonias que os países europeos tiñan e Asia, América e Africa.
Estes cambios económicos tamén traerán outro gran acontecemento social e político: a Revolución Francesa e a abolición das monarquías absolutas, a separación dos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), o nacemento das constitucións.