martes, 11 de junio de 2013

O BARBANZA

Que imos ver nesta viaxe?
Camiñaremos por onde o fixeron os nosos antergos prehistóricos, veremos restos das súas megalíticas construccións e ... se cadra?

DOLMEN DE AXEITOS
É unha construcción megalítica datada entre o 4.000 e o 3.600 a. C. Anteriores ás pirámides. Está situada no concello de Riveira sendo un dos restos máis significativos en Galicia. Servían para enterramentos, moitas veces colectivos, das persoas importantes dos poboamentos. Cubríanse estas estructuras pétreas con terra.











O CASTRO DE BAROÑA.
Situado no concello de Porto do Son. É un bo exemplo de castro marítimo. Foi habitado entre os séculos I a. C e I d. C. Tiña un foxo e a continuación dúas murallas no istmo. No poboado está a muralla principal cunha entrada moi ben conservada. No interior hai dous barrios. Atopáronse restos de cerámica e de metal.
Nestas fotos, con colegas que agora están en primeiro de ESO, podemos observar as características deste castro tan ben conservado. 
CONFIAMOS EN QUE AS NOVAS XERACIÓNS SEXAN QUEN DE MANTER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E TRANSMITILO NAS MELLORES CONDICIÓNS.


3 comentarios:

  1. Hola gracias por dedicarnos un ratito de los miércoles. Un beso a todos
    http://loidilandia.blogspot.com.es/2013/06/cuentacuentos-de-6.html

    ResponderEliminar
  2. Foi un pracer. Pasámolo moi ben dramatizando os contos.
    Grazas pola vosa acollida
    Alumnos e alumnas de quinto.

    ResponderEliminar
  3. Estupendo que finalmente vaiades de excursión!! Espero que o pasedes fenomenal e que teñades un bo día para desfrutar dese marabilloso patrimonio!

    ResponderEliminar