Un ano máis, buxainas…
Un ano máis, e xa van dez, as buxainas voltan a bailar e a extender a súa maxia polo patio e polos corredores do noso colexio. Así os nenos e nenas voltaron a rescatar os seus trompos de escondidos caixóns, de recónditos currunchos, ou a mercalos novos e relucentes, para voltar a a dar efímera vida a eses misteriosos obxetos que xiran como os corpos celestes…
Pero ademáis de bailalos tamén os decoramos e fixemos unha exposición con todos eles que nos recorda un universo de formas e colores…E os máis pequenos foron capaces de bailar as súas perinolas pintoras e de descubrir entre as líneas que debuxaban nos seus bailes, figuras, formas, paisaxes etc…que logo eles, como creadores e artistas que son, decoraron según lles dictaba a súa inspiración…
Pero este ano as buxainas serviron tamén para algo máis…porque gracias a elas tivemos a oportunidade de que maiores e pequenos conviviran nalgúns momentos ao redor dun sinxelo xoguete que lles provoca intriga e ilusión por partes iguais…Os maiores amosáronlle aos pequenos distintos tipos de buxainas e perinolas, e ensináronlles cómo se bailan. E tamén guiáronlles no proceso de descubrir que formas se agochaban detrás daquelas líñas que pintaba unha caprichosa perinola ao bailaren…Xuntos e a voltas coas buxainas.
Cantos artistas!!!
ResponderEliminarQue boa idea o do puzle.Gustoume moito Dora a columpiadora e o arco iris.
ResponderEliminarme gusta esta esposicion
ResponderEliminarHay moitos artistas que chulas son
ResponderEliminarMe encantaron todas! Que artistas son
ResponderEliminar