Visitamos o MUNCYT, o novo museo científico de A Coruña.
Dous simpáticos robots guía nos deron a benvida e nos presentaron o que iamos ver a continuación: a antiga lanterna da Torre de Hércules, os primeiros proxectores de películas que houbo en A Coruña, o primeiro ordenador que chegou a España,e.. o Boeing 747, o primeiro avión que cruzou o océano Atlántico.
Nestes días os corredores e a entrada do colexio recollen a exposición dos traballos feitos coas cabazas. Agradecemos aos alumnos e ás súas familias o esforzo realizado.
Noraboa a todos por participar e parabéns aos gañadores: Mónica, Brais, Sara, Adrián, Paula, Marta e Patricia.
CAMBIAMOS DE NOME Ola! Cambiamos o nome do blog, agora chámase paseniño. Benvidos a tod@s ao noso blog e especialmente a Samuel e Candela que se incorporaron este curso á clase de 6º B.
Rematamos o curso. Fixémolo bastante ben, aínda que todo é mellorable.
A ansiada visita tivo lugar.
Canto disfrutamos!
Ao igual que no remate desta nova entrega de quinto produccións, sociedade limitada, os profes desexámosvos unhas divertidas vacacións e non esquezades un chisco de traballo diario.
Camiñaremos por onde o fixeron os nosos antergos prehistóricos, veremos restos das súas megalíticas construccións e ... se cadra?
DOLMEN DE AXEITOS
É unha construcción megalítica datada entre o 4.000 e o 3.600 a. C. Anteriores ás pirámides. Está situada no concello de Riveira sendo un dos restos máis significativos en Galicia. Servían para enterramentos, moitas veces colectivos, das persoas importantes dos poboamentos. Cubríanse estas estructuras pétreas con terra.
O CASTRO DE BAROÑA.
Situado no concello de Porto do Son. É un bo exemplo de castro marítimo. Foi habitado entre os séculos I a. C e I d. C. Tiña un foxo e a continuación dúas murallas no istmo. No poboado está a muralla principal cunha entrada moi ben conservada. No interior hai dous barrios. Atopáronse restos de cerámica e de metal. Nestas fotos, con colegas que agora están en primeiro de ESO, podemos observar as características deste castro tan ben conservado. CONFIAMOS EN QUE AS NOVAS XERACIÓNS SEXAN QUEN DE MANTER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E TRANSMITILO NAS MELLORES CONDICIÓNS.
Este xoves, 23 de maio, saímos de visita polo noso entorno. O Concello que nos acolle conserva numerosos e valiosos monumentos. De todas as épocas. Observamos e traballamos actividades sobre a Ponte do Burgo, a Torre de Celas, o Pazo de Vilaboa e a Igrexa de Santiago. Nas aulas remataremos os traballos e seguro que algunha conversa teremos sobre esta saída.
lunes, 20 de mayo de 2013
Emilio Batallán canta aos maios. Unha fermosa composición dun gran poeta galego : Curros Enríquez.
Fixádevos nas fotos que acompañan á cantiga. Veremos fotos de hai case cen anos.
Os maios son unha festa tradicional de orixe grego e fenicio que logo asimilaron os celtas e deles chegaron aos nosos días. Son moi coñecidos os de Ourense e Lugo. Na nosa zona adoitase facer unha estructura que se cobre con arame metálico e sobre dela póñense diversos elementos vexetais como flores, fiuncho, fentos e mesmo froitas e ovos. Nalgún lugares de Galicia o Maio é unha persoa cuberta de elementos vexetais. No colexio imos facer un maio sobre estructura que cubriremos con flores elaboradas con papel.
O coral ese escondido animal. Creador dun ecosistema rico en vida en todas as súas variedades. Podemos ver algúns animais residentes e outros visitantes. Unha marabilla da Natureza.
É este un proceso moi complexo. Precisamos saber que son necesarios diversos elementos: dióxido de carbono, auga, sales minerais e por suposto a luz solar. Podemos ver de forma sinxela a transformación neste vídeo.
Naceu en Outeiro de Rei, provincia de Lugo, no ano 1.929 e finou en A Coruña no ano 2004. Destacou como poeta comprometido coa súa Terra, GALICIA. Moitos dos seus poemas foron musicados por coñecidos artistas galegos da canción. Aquí tedes unha pequena mostra.
QUE RISA SE O BURRIÑO É QUEN DE GAÑARLLE AO VENTO!
Quedamos un chisquiño en tensión ante a inminente e dramática, aparentemente, conclusión da escapada do pequeno íbice das fauces do raposo. Poñédevos cómodos e mirade... Por certo imos ver tamén unha incrible escena de caza por agotamento.
A busca de alimento é a principal actividade no mundo animal e na vida de todos os seres vivos. Hai que procurar atopar alimentos e non ser o alimento de ninguén. A vida é traballo e esforzo. De pequenos temos que aprender a ser autónomos. O contrario sería unha auténtica traxedia. Este vídeo da Natureza é real como a vida mesma.
Os seres vivos animais alimentámonos fundamentalmente doutros seres vivos, ben animais ou ben plantas. En principio todos son bos alimentos cos seus elementos básicos nutritivos. Nas diferentes culturas a alimentación é diversa, incluso nalgunhas ocasións chocante. Noutras palabras :NOXENTA. Pero NUTRITIVA.
QUE COMEMOS HOXE, QUERIDOS ALUMNOS E ALUMNAS? SERVÍDEVOS! E BO PROVEITO!
Lembramos que os réptiles son VERTEBRADOS. Sempre me chamaron a atención estes animais. Se cadra polos fantásticos grandes SAURIOS de hai millóns de anos, que a todos nos desata a imaxinación. Espero que disfrutedes deste vídeo.
Na Natureza os animais tentan facer crer aos demais que son: grandes, perigosos, ... mostrándose como os verdadeiros donos do entorno. Unha variedade dun molusco, moi aprezado polos galegos, é un auténtico xenio da recreación. Podemos observar como domina as artes escénicas neste vídeo.
Neste vídeo podemos ver o proceso constructivo de "LUCUS AUGUSTI" cos restos arqueolóxicos máis salientables. Coma todas as cidades do Imperio as súas orixes están nun campamento romano ben situado, doado para a defensa e ben comunicado na rede de calzadas.
Nun mundo de ambición Amigos diversos hai un "rincón" de diferentes cores onde a xente reparte negros, brancos, amarelos ... moita cariño e amor camiñando xuntos e solidarios arco da vella triunfal seremos
O castelo medieval era xunto coa catedral o edificio máis significativo. Nel vivían os señores feudais.No castelo recibían aos cabaleiros e convidados e tiñan a súa garda persoal.
Un ano máis, e xa van dez, as buxainas voltan a bailar e a extender a súa maxia polo patio e polos corredores do noso colexio. Así os nenos e nenas voltarona rescatar os seus trompos de escondidos caixóns, de recónditos currunchos, ou a mercalos novos e relucentes, paravoltar a a dar efímera vida a eses misteriosos obxetos que xiran como os corpos celestes…
Pero ademáis de bailalos tamén os decoramos e fixemos unha exposición con todos eles que nos recorda un universo de formas e colores…E os máis pequenos foron capaces de bailaras súas perinolas pintoras e de descubrir entre as líneas que debuxaban nos seus bailes, figuras, formas, paisaxes etc…que logo eles, como creadores e artistas que son, decoraron según lles dictaba a súa inspiración…
Pero este ano as buxainas serviron tamén para algo máis…porque gracias a elas tivemos a oportunidade de que maiores e pequenos conviviran nalgúns momentos ao redor dun sinxelo xoguete que lles provoca intriga e ilusión por partes iguais…Os maiores amosáronlle aos pequenos distintos tipos de buxainas e perinolas, e ensináronlles cómo se bailan. E tamén guiáronlles no proceso de descubrir que formas se agochaban detrás daquelas líñas que pintaba unha caprichosa perinola ao bailaren…Xuntos e a voltas coas buxainas.
jueves, 24 de enero de 2013
DÍA DA PAZ
O vindeiro 30 de xaneiro, a partires das 11:30 h celebraremos no noso colexio o día da paz.
Aos de quinto tócanos rechear a cor amarela do arco da vella. Decorade
envases de cartón de tódalas maneiras que se vos ocorran pero sempre,
por suposto, de amarelo. Durante a colocación dos mesmos soará a canción
que xa escoitamos na clase.
Aquí tedes a canción por si vos apetece volver a escoitala ou ensaiala na casa.
No ano 711 entraron as tropas árabes na península Ibérica e non tardaron en dominala. Diversos acontecementos facilitaron esta rápida conquista. Neste vídeo podemos decatarnos dos mesmos, de como vivían nas alcazabas, etc.
Ao igual que os romanos os árabes tiñan os baños públicos como centros da vida social. Había distintas estancias con augas a temperaturas diferentes.
Imos coñecer uln período da historia fundamental para a nosa cultura. Comeza cos primitivos poboadores, celtas e iberos e remata co final do dominio Romano aló polo ano 476 d.C.
Os celtas habitaron o noroeste da península vivindo en poboados amurallados chamados CASTROS ou CITANIAS. Un dos mellor conservados é o castro ou citania de Santa Tegra.
Os Romanos eran especialistas na construción de grandes obras: estradas, acueductos, murallas defensivas, cidades, teatros, etc. Neste vídeo podemos ver os restos das construcións romanas en Mérida (EMERITA AUGUSTA). É unha visión diferente, creo que moi bonita e ademáis instructiva. Veremos o Museo Romano, o Teatro, o Anfiteatro, o Acueducto dos Milagros, restos do Foro, templo de Diana e tamén os restos do castelo árabe, que xa nada teñen que ver cos romanos.