sábado, 22 de diciembre de 2012

BO NADAL

Despedimos o trimestre cunha tremenda festa. Contentos e  felices polos bos resultados obtidos en xeral. Agora con estes días de descanso reporemos forzas para facer un segundo trimestre superior a este.

FELICES FESTAS E MELLOR ANO PARA TODOS ! 
ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO



sábado, 15 de diciembre de 2012

ALVEDRO 12/12/12


ALVEDRO
 



Era o día 12 do mes 12 do ano 12 do terceiro milenio. Estabamos nerviosos.Saímos das aulas os dous cursos de quinto. O autobús que non chegaba. A nosa ansiedade medraba. Por fin, e despois dunha espera que nos pareceu enorme, o autocar chegou. Subimos todos contentos.
No aeroporto recibíronos dúas persoas moi amables. Dividímonos en dous grupos, un cos alumnos de quinto A e outro cos alumnos de quinto B. Iniciamos a experiencia nun taller que tiña maquetas de avións. Albert chamábase o técnico que nos atendeu. Presentáronos un vídeo  no que nos informaban do concienciados que estaban no aeroporto co medio ambiente e as medidas precisas para coidalo.
Unha das medidas consiste en cambiar o modo de aterraxe dos avións. Actualmente están aterrando na forma que eles chaman “escalonada” coma quen baixa os chanzos dunha escaleira. O avión baixa, mantense horizontal un tempo, volve a baixar,mantense horizontal,… ata que aterra. Isto consume moito combustible e contamina. Agora están a experimentar coa aterraxe ecolóxica. O avión comeza a descender desde máis lonxe e planea consumindo menos combustible. Como tamén os motores traballan con menos potencia a contaminación atmosférica e acústica é menor.
Construímos con pezas unhas maquetas de avións  que conectadas a un ordenador e un programa informático eran uns modelos nos que podiamos coñecer o ruído que facían na aterraxe. Comprobamos que a aterraxe ecolóxica facía menos da metade de ruído que a aterraxe escalonada.
Realmente pasámolo moi ben. Pedíronos que pensaramos que podían facer para contaminar menos. Pensamos que se podían usar placas solares para producir electricidade, que tamén podían levar os avións, facendo un menor consumo de combustible.
Despois acompañounos unha rapaza moi simpática que nos amosou o aeroporto: a sa de facturación, o control de pasaxeiros e un paseo polo exterior.
Que ben o pasamos no “escáner”! A algún, e tamén algunha, pitoulles a porta de control de pasaxeiros. Vimos os diferentes contedores de obxectos que non se poden subir a un avión. Non se pode por medidas de seguridade segundo nos comentou a monitora.
Non puidemos ver o helicóptero de salvamento porque estaba de servizo.
Moitos pensamos que esta saída foi a mellor deste trimestre.

ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO

jueves, 13 de diciembre de 2012

ALVEDRO

"As quintas e quintos" estivemos  este pasado mércores en Alvedro. Realmente unha visita extraordinariamente interesante e sobre todo ecolóxica. É o noso aeroporto que nos conecta con outras cidades de España e algunha de Europa: Londres e Lisboa.
Aprendimos que as compañías están a facer esforzos por contaminar menos, tanto a contaminación acústica coma atmósferica por dióxido de carbono. Parécenos ben, aínda que se pode mellorar. As persoas que vivimos no Burgo sabemos moito destes trastornos.
Sabiades que moi probablemente o nome "Alvedro" proveña  da palabra ALBEDRO?
Que é un albedro? Pregunta ou busca información. Enviade comentarios.


martes, 11 de diciembre de 2012

ARTE RUPESTRE

Os homes e mulleres da prehistoria realizaban pinturas e gravados nas paredes das covas e nos abrigos das rochas, que se coñecen como ARTE RUPESTRE.
Unha das xoias desta arte son as COVAS DE ALTAMIRA. Hai case 100 pinturas realizadas con grande realismo, aproveitando as formas e volume das rochas e teito da cova. Predominan as cores vermella e ocre con bordes negros. Estas pinturas foron feitas hai 15.000 anos e representan a cabalos. touros, cervos, etc.


martes, 4 de diciembre de 2012

SETAS E COGOMELOS

Menudo exemplar
Noelia tróuxonos ao colexio unha grande e fermosa seta. Buscando na rede conseguimos atopar o seu nome  e as súas características e así sabemos, por exemplo, que é comestible. Chámase cerrote ou macrolepiota procera.