miércoles, 9 de noviembre de 2011

A TRASHUMANCIA

    A trashumancia tén como fin aproveitar ao máximo os recursos naturais para un mellor  pastoreo. Os herbívoros salvaxes tamén practican a trashumancia, son as famosas migracións que tantas veces vemos nos documentais da televisión.
    Aquí podemos ver unhas fotos deste ir e vir cos animais. Por sorte para as ovellas os pastores e os cans coidan delas para que os lobos non as ataquen, non como ocorre cos herbívoros salvaxes que deben superar infinidade de dificultades e ataques de depredadores.
    No vídeo vemos o gran axudante: o can. O mastín é o can máis adaptado para evitar o ataque do lobo.





4 comentarios:

  1. As "Vías pecuarias" son os camiños que segue o gando nos itinerarios da trashumancia.Provén do latín "pecuarius" e fan referencia a todo o relativo ao gando.

    ResponderEliminar
  2. Miña nai tiña un mastín, pero non o usaba de pastor.

    ResponderEliminar
  3. Alberto, as actividades de interculturalidade e Coñecemento do Medio son moi interesantes. Pero Alberto, nas actividades de mátematicas sáenche as de quinto.

    ResponderEliminar