viernes, 21 de octubre de 2011

NATUREZA E PINTURA

Esta mañá visitamos a Fundación María José Jove. Visita moi interesante.
Primeiro visionamos un documental sobre a Natureza: os climas e formas de vida na Terra. Impresionante como os animais son quen de superar as dificultades que a vida lles presenta.

Unha amable e atenta guia presentounos unha pequena mostra dos cadros expostos. De diversos estilos e diferentes épocas. Sabemos o por que do realismo, do cubismo, da arte figurativa, dos representantes galegos destas tendencias da pintura. Vimos tamén unha obra do ilustre Isaac Díaz Pardo, que da nome ao noso cole.

As saídas educativas son interesantes, sobre todo se poñemos os cinco sentidos no que estamos a ver.

6 comentarios:

  1. Eu tamén penso que foi bonito e instructivo. Coincide que o documental visionado tratou sobre o clima, tema que estamos a traballar na unidade actual de Coñecemento do Medio.
    Alégrome que vos gustara.

    ResponderEliminar
  2. Alberto para o segundo trimestre , imos ver a segunda parte.

    ResponderEliminar
  3. Vimos algúns cadros moi chulos. Grazas pola túa paciencia con nós.

    ResponderEliminar
  4. Dou por ben gastada a paciencia se aproveitamos as nosas visitas.
    Grazas Antón.

    ResponderEliminar