Esta mañá visitamos a Fundación María José Jove. Visita moi interesante.
Primeiro visionamos un documental sobre a Natureza: os climas e formas de vida na Terra. Impresionante como os animais son quen de superar as dificultades que a vida lles presenta.
Unha amable e atenta guia presentounos unha pequena mostra dos cadros expostos. De diversos estilos e diferentes épocas. Sabemos o por que do realismo, do cubismo, da arte figurativa, dos representantes galegos destas tendencias da pintura. Vimos tamén unha obra do ilustre Isaac Díaz Pardo, que da nome ao noso cole.
As saídas educativas son interesantes, sobre todo se poñemos os cinco sentidos no que estamos a ver.