Como xa vos dixen o outro día os alumnos e alumnas de quinto son "sapiens-sapiens"*. Comprobade se o que vos digo é certo ou non.
Pedímoslle a un amigo que pense un número de dúas cifras. Supoñamos que pensa no 27.
Dicímoslle que lle poña un cero á dereita. Sería o 270
Dicímoslle agora que lle reste un número da tabla de multiplicar do 9. Pode ser, por tanto, o 9, 18,27,36.45,.. calquera múltiplo de 9..
Supoñamos que colle o 18. O resultado sería 270 - 18 = 252
Pedímoslle que nos diga o resultado. Diranos o 252 (25) (2)
Como adiviñamos o número que pensou?
RESPOSTA:
Se ás dúas cifras da esquerda do resultado, ou sexa (25), se lle suma a da dereita (2) obtemos o número que pensou.
25+2=27
PROBÁDEO. AS MATEMÁTICAS SON MÁXICAS.
*Agardo que máis cedo que tarde sexan "sapientisumus"
é verdade que os de 5 A somos "sapiens sapiens"
ResponderEliminarIsto eu non o aprendería na vida se non colgaras isto no blog.
ResponderEliminarAs mátematicas son moi divertidísimas.
ResponderEliminarIsto de matemáticas divertidas empeza a gustarme.
ResponderEliminariso è unha forma moi divertida para adiviñar un nùmero .
ResponderEliminar