viernes, 20 de enero de 2012

AS MENINAS

Un dos cadros mais famosos da historia da pintura universal. Un dos aspectos máis relevantes desta pintura é que escenifica o ambiente no que o artista está a traballar. Está na Corte, rodeado dos Reis, parte da súa familia e de cortesáns. A pintura é minuciosa, con todos os detalles.
Estamos no SÉCULO DE OURO.


A VIDA NO SÉCULO DE OURO ESPAÑOL

A vida da xente do pobo no século de ouro non era doada. A clase privilexiada vivía ben, pero os demáis,... Era outra cousa!
Neste vídeo podemos ver a vida nas cidades, que sempre era mellor que a vida no campo.



martes, 17 de enero de 2012

OS AUSTRIAS

Aos Reis Católicos sucedeunos no poder o seu neto CARLOS I. Comeza así a dinastía dos Austrias. Neste vídeo podemos ver os acontecementos que se produciron durante o seu reinado.

 

jueves, 12 de enero de 2012

HISTORIA E MATEMÁTICAS

Estamos a estudiar a civilización MAIA, unha das máis avanzadas culturas precolombinas, sobre todo en matemáticas e astronomía.
Mirade este vídeo onde se mostra a forma gráfica da multiplicación.


As cifras represéntanse por liñas. Temos que contar os puntos de cruce.

CURIOSO

miércoles, 11 de enero de 2012

MIGUEL ANXO

Cando Cristóbal Colón iniciaba as súas viaxes ao novo mundo un dos grandes xenios da arte comezaba unha das máis impresionantes carreiras artísticas da historia: MIGUEL ANXO.
Cultivou moitas especialidades artísticas: pintura, arquitectura,... pero a que máis lle gostaba era a escultura.
Neste vídeo podemos seguir os pasos que deu nesta arte.
Lembrade a importancia das proporcións e da Natureza nas obras artísticas do  Renacemento.


domingo, 8 de enero de 2012

UN SEMESTRE



Un semestre. É o que falta para rematar o noso itinerario primario.
Como diciamos hai uns días os ventos son favorabeis.
Aproveitémolos.
Con forzas renovadas, dispostos a encher as nosas "bodegas" de coñecementos. Este é o noso ánimo para acadar o obxectivo proposto.


lunes, 19 de diciembre de 2011

BO NADAL

Os alumnos e alumnas de sexto A desexamos a toda a Comunidade Educativa unhas felices Festas e un ano 2.012  cheo de ledicia.



FELIZ

2.012

Estamos a navegar con ventos favorables encamiñándonos ao noso destiño.

martes, 13 de diciembre de 2011

MINORITARIA?

É a nosa lingua minoritaria?

Este vídeo elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela vaite sorprender.
Porque está moi ben feito, porque contén información que nunca imaxinamos, porque, en definitiva, existen prexuizos, que cremos obxectivos.



viernes, 9 de diciembre de 2011

ARTISTAS NO PLENO

O Pleno Infantil, celebrado hai unhas datas, contou coa presenza dun impresionante artista plástico. O noso compañeiro RUBÉN COSTOYA.
Aquí temos uns debuxos.
PARABÉNS,
RUBÉN.



martes, 6 de diciembre de 2011

A RUTA COLOMBINA E A NOSA VIAXE.

     Despois de cuestións xeográficas, económicas e demográficas iniciamos, mellor continuamos, a nosa viaxe pola historia. O pasado curso deixámola na Idade Media. 
     Co descubrimento de América comeza unha nova etapa, histórica en todos os sentidos.
     Estamos a preparar  a viaxe cara ao Instituto. Quedan dous trimestres.
     Se os ventos se presentan favorables, que se presentarán, chegaremos con ben a porto.

viernes, 2 de diciembre de 2011

HELP

Hai algunhas criaturas que por non saber idiomas meten a pata ou, se cadra, teñen unha resposta irónica.
Excepcional película onde os intérpretes dan o máximo da súa extraordinaria arte. Que é moita!
Filmada en espazos naturais. Os productores, a pesar da crise, móstranse expléndidos.
A edición realza as dotes interpretativas de todos os intervintes.
Que a gocedes.

jueves, 1 de diciembre de 2011

PLENO INFANTIL. INTERVENCIÓNS.


Rematou o pleno. Estamos orgullosos e cheos de fachenda. Os nosos representantes tiveron unha intervención de altura.

Todas as cadeas de televisión, emisoras de radio e xornais abren as súas edicións con esta destacada intervención.

Os parabéns chegan desde todos os recunchos do universo coñecido.

COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS

PARABÉNS

Os temas estiveron moi ben elaborados e  moi ben expostos.