Este xoves, 23 de maio, saímos de visita polo noso entorno. O Concello que nos acolle conserva numerosos e valiosos monumentos. De todas as épocas. Observamos e traballamos actividades sobre a Ponte do Burgo, a Torre de Celas, o Pazo de Vilaboa e a Igrexa de Santiago. Nas aulas remataremos os traballos e seguro que algunha conversa teremos sobre esta saída.
jueves, 23 de mayo de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
miércoles, 15 de mayo de 2013
OS MAIOS
Os maios son unha festa tradicional de orixe grego e fenicio que logo asimilaron os celtas e deles chegaron aos nosos días.
Son moi coñecidos os de Ourense e Lugo.
Na nosa zona adoitase facer unha estructura que se cobre con arame metálico e sobre dela póñense diversos elementos vexetais como flores, fiuncho, fentos e mesmo froitas e ovos.
Nalgún lugares de Galicia o Maio é unha persoa cuberta de elementos vexetais.
No colexio imos facer un maio sobre estructura que cubriremos con flores elaboradas con papel.
SEGUIREMOS INFORMANDO.
martes, 7 de mayo de 2013
CONSECUENCIAS DA XEMACIÓN
O coral ese escondido animal. Creador dun ecosistema rico en vida en todas as súas variedades. Podemos ver algúns animais residentes e outros visitantes. Unha marabilla da Natureza.
sábado, 4 de mayo de 2013
DÍA DA ÁRBORE
Entendemos por medio ambiente o lugar e as circunstancias onde se desenvolve a vida. Neste día aportamos a nosa pequena contribución.
FORTE E REXIO
SENLLEIRO
AMIGO E COMPAÑEIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)