viernes, 22 de marzo de 2013

MANUEL MARÍA







Naceu en Outeiro de Rei, provincia de Lugo, no ano 1.929 e finou en A Coruña no ano 2004. Destacou como poeta comprometido coa súa Terra, GALICIA. Moitos dos seus poemas foron musicados por coñecidos artistas galegos da canción. Aquí tedes unha pequena mostra.

QUE RISA SE O BURRIÑO É QUEN DE GAÑARLLE AO VENTO!


martes, 19 de marzo de 2013

COMO ACABA A NOSA PEQUENA "CAPRA IBEX"?

Quedamos un chisquiño en tensión ante a inminente e dramática, aparentemente, conclusión da escapada do pequeno íbice das fauces do raposo. Poñédevos cómodos e mirade... Por certo imos ver tamén unha incrible escena de caza por agotamento.

sábado, 16 de marzo de 2013

HAI QUE COMER!

A busca de alimento é a principal actividade no mundo animal e na vida de todos os seres vivos.  Hai que procurar atopar alimentos e non ser o alimento de ninguén. A vida é traballo e esforzo. De pequenos temos que aprender a ser autónomos. O contrario  sería unha auténtica traxedia. Este vídeo da Natureza é real como a vida mesma.

sábado, 9 de marzo de 2013

QUE COMEMOS HOXE?

Os seres vivos animais alimentámonos fundamentalmente doutros seres vivos, ben animais ou ben plantas. En principio todos son bos alimentos cos seus elementos básicos nutritivos. Nas diferentes culturas a alimentación é diversa, incluso nalgunhas ocasións chocante. Noutras palabras : NOXENTA. Pero NUTRITIVA.

QUE COMEMOS HOXE, QUERIDOS ALUMNOS E ALUMNAS?
SERVÍDEVOS! 
E BO PROVEITO!


miércoles, 6 de marzo de 2013

ANIMAIS QUE SON LENDA

O animal máis grande que existiu no noso planeta non é, como cabería esperar, un dos grandes réptiles da prehistoria.
 NON!

 É un animal que existe agora. Un animal que debemos coidar, protexer e admirar.

A BALEA AZUL

lunes, 4 de marzo de 2013

RÉPTILES

Lembramos que os réptiles son VERTEBRADOS. Sempre me chamaron a atención estes animais. Se cadra polos fantásticos grandes SAURIOS de hai millóns de anos, que a todos nos desata a imaxinación. Espero que disfrutedes deste vídeo.


viernes, 1 de marzo de 2013

MIMETISMO

Na Natureza os animais tentan facer crer aos demais que son: grandes, perigosos, ... mostrándose como os verdadeiros donos do entorno. Unha variedade dun molusco, moi aprezado polos galegos, é un auténtico xenio da recreación. Podemos observar como domina as artes escénicas neste vídeo.