miércoles, 27 de junio de 2012

QUE OS VENTOS VOS SEXAN PROPICIOS

Cando ao nacermos iniciamos a  navegación da vida, a esperanza dunha tranquila singladura é a emoción que sobresae por enriba das demais. As dúbidas abordarannos máis adiante.
Non temades!

 Si ata agora os ventos mareiros foron favorabeis, non teñen porque non selo no futuro. É cuestión de orientar as velas aos ventos axeitados e afastalas daqueles outros que nos podan perxudicar. Aquí, e non noutro aspecto da navegación, está o SEGREDO do éxito.
Eu, como vello lobo marino, estou no certo que a tripulación embarcada dende estas aulas está máis que preparada, e fará frente a todas as vicisitudes que a navegación lle depare.

BOA SORTE AMIGOS !!
Alberto


viernes, 1 de junio de 2012

CHOQUE DE GALAXIAS

Composición do choque feita pola NASA



A Vía Láctea, o conxunto de miles de millóns de estrelas ao que pertence o noso Sol, acabará chocando  coa galaxia Andrómeda, agora situada a 2.5 millóns de anos luz.
A esta conclusión chegaron uns científicos que mediron a velocidade das galaxias grazas ao telescopio espacial Hubble.
Pero tranquilidade porque isto non ocurrirá ata dentro de 4.000.000.000 de anos.