lunes, 31 de enero de 2011

INVASIÓN MUSULMANA E CIDADE ÁRABE

Neste vídeo podedes ver como foi a invasión musulmana, as súas características, como eran as cidades que fundaron, etc.

LEGADO DOS ÁRABES

Aquí temos un vídeo da mesquita de Córdoba. Unha das monumentais xoias que nos deixaron os árabes na península. Observa ben as columnas e as grandes diferencias coas columnas dos edificios romanos.

viernes, 28 de enero de 2011

A PAZ

           A PAZ

O mundo xan non aguanta,
non para de chorar,
os disparos das guerras
non os pode soportar.

Todos somos diferentes,
e ao mesmo tempo iguais,
se todos nos unimos
non haberá guerras xamais.

Derrubemos, pois, os muros
que nos queren separar
e construamos pontes
que nos leven ata a PAZ.

Alumnos e alumnas de quinto A e B.

miércoles, 26 de enero de 2011

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Sabias que..
Esta xornada celébrase dende 1964?
Está recoñecida pola Organización das Nacións Unidas (ONU)?
Tamén se conmemora a morte de Mahatma Gandhi?
Gandhi era o líder nacional e espiritual da India?
Morreu no ano 1948?

Nesta data sempre desexamos que os valores máis nobles e solidarios se cumplan. Loitemos coa palabra para que se cumplan todos os días do ano e todos os anos da vida.

sábado, 22 de enero de 2011

A IDADE MEDIA

   Imos iniciar un novo tema de estudio: A IDADE MEDIA.
   Trátase dunha época da historia un tanto bélica, guerreira, con castelos, reis, condes,... Un tempo fundamental para coñecer as raíces da nosa situación actual.
  A vida naquela etapa da histora era ben difícil para a xente común, aínda que non tanto para os nobles.
 Aqui temos un exemplo de cidade medieval. Notas as diferencias coa cidade típica do Imperio Romano?


jueves, 13 de enero de 2011

O Imperio Romano

Este vídeo que está á túa disposición comenta diversas facetas relacionadas co tema de estudio.