Achegamos dúas propostas para facer uns marcapáxinas sinxelos e divertidos. O mellor é que se poden personalizar de moitas maneiras.
Creando a forma básica de papel ou cartolina logo podedes transformalos en monstros, animais, personaxes...
Para o primeiro modelo prega o papel segundo se indica no vídeo.
E para o segundo segue as instrucións do titorial.
Agora pon en marcha a túa imaxinación!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario