ALVEDRO
|
Era o día 12 do mes 12 do ano 12 do terceiro milenio. Estabamos nerviosos.Saímos das aulas os dous cursos de quinto. O autobús que non chegaba. A nosa ansiedade medraba. Por fin, e despois dunha espera que nos pareceu enorme, o autocar chegou. Subimos todos contentos.
Construímos con pezas unhas maquetas de avións que conectadas a un ordenador e un programa informático eran uns modelos nos que podiamos coñecer o ruído que facían na aterraxe. Comprobamos que a aterraxe ecolóxica facía menos da metade de ruído que a aterraxe escalonada.
Realmente pasámolo moi ben. Pedíronos que pensaramos que podían facer para contaminar menos. Pensamos que se podían usar placas solares para producir electricidade, que tamén podían levar os avións, facendo un menor consumo de combustible.
Despois acompañounos unha rapaza moi simpática que nos amosou o aeroporto: a sa de facturación, o control de pasaxeiros e un paseo polo exterior.
Que ben o pasamos no “escáner”! A algún, e tamén algunha, pitoulles a porta de control de pasaxeiros. Vimos os diferentes contedores de obxectos que non se poden subir a un avión. Non se pode por medidas de seguridade segundo nos comentou a monitora.
Non puidemos ver o helicóptero de salvamento porque estaba de servizo.
Moitos pensamos que esta saída foi a mellor deste trimestre.
ALUMNOS E ALUMNAS DE QUINTO
Interesante visita ao aeroporto!
ResponderEliminarEspero que o ano que vén poidades seguir organizando saídas coma esta cos vosos quintos.
Felices festas a todos!